Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gadis rende tributo ás cantareiras cun proxecto artístico con dez ilustradoras e escritoras que poderá descargarse da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gadis rende tributo ás cantareiras cun proxecto artístico con dez ilustradoras e escritoras que poderá descargarse da Rede

S. P.
Publicado: 09/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

letras_galegas_gadis.jpgO grupo alimentario galego Gadis presentou no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) as accións que leva a cabo para conmemorar o Día das Letras Galegas neste 2025, en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingua. A cadea de supermercados rende a súa propia homenaxe ás cantareiras en Foliada!, un orixinal proxecto artístico para o que reuniu a cinco escritoras e a cinco ilustradoras de Galicia. Estas plasmaron na iniciativa a súa particular visión da cultura popular galega.
Esta edición especial consta de cinco láminas, que combinan literatura, música e ilustración e recóllense nunha caixa deseñada a modo de vinilo musical.
Ledicia Costas, Yolanda Castaño, María Solar, María Lado e Esther F. Carrodeguas son as autoras “desta visión moderna das históricas cantigas, que se transmitiron de xeración en xeración, fundamentalmente, de forma oral”, explicaron fontes de Gadis, engadindo que “en cada lámina recóllese unha composición tradicional, o texto coa interpretación contemporánea e unha ilustración, obra das artistas Laura Tova, Laura Mahía, Xoana Almar, María Montes e Iria Fafián”.
Gadis regalará 30.000 unidades de Foliada!, ata fin de existencias, nos supermercados de Galicia o vindeiro venres 16 de maio. Repartiranse 40.000 bolsas da compra de papel reciclado cunha chiscadela ás figuras das Letras Galegas homenaxeadas este ano: as pandeireteiras de Mens, Adolfina e Rosas Casás, e Eva Castiñeira.
Ademais, na web www.gadisletrasgalegas.gal pódense descargar a versión dixital das láminas e escoitar as pistas musicais cedidas, entre outros, polo Museo do Pobo Galego.
“Quero destacar o papel de Gadis na súa implicación e compromiso coa nosa cultura, é importantísima esa conexión entre a actividade económica e o ámbito social”, declarou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, neste evento cultural presentado pola periodista Susana Pedreira, que tamén reuniu no CGAC ao secretario Xeral da Lingua, Valentín García, así como ao director de Comunicación de GADISA Retail, José Luis Fernández Astray, á directora de Marketing e RSC, Melisa Pagliaro, e á coordinadora de Marketing Dixital e Contidos, Alexandra Kuntz, entre outros.
Durante o acto realizouse un percorrido polas iniciativas predecesoras a Foliada!, coas que conmemoraron os últimos anos o Día das Letras Galegas. Accións con recoñecemento internacional entre as que se atopan unha antoloxía de poetas noveis, versos de artistas galegos nas rúas de diferentes vilas e cidades, un fanzine e un caderno de actividades co que aprender sobre a lingua e cultura galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?