Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Feira do Emprego do Barbanza comeza este 14 de maio poñendo o foco nas posibilidades da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Feira do Emprego do Barbanza comeza este 14 de maio poñendo o foco nas posibilidades da IA

S. P.
Publicado: 12/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_emprego_boiro_presentacion.jpgO Concello de Boiro celebra esta semana, os días 14 e 15 de maio, unha nova edición da Feira de Emprego do Barbanza. O encontro terá lugar no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e está destinado a empresas e tamén demandantes de emprego. Estas xornadas teñen como finalidade “promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial da comarca do Barbanza e as persoas demandantes de emprego”; así como “dar a coñecer as principais estratexias en materia de formación e selección que se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais para facilitar a inserción laboral da comarca”.
Os foros de debate desta edición versarán sobre os avances tecnolóxicos da Intelixencia Artificial e a súa repercusión sobre as empresas e propoñer estratexias sobre a sustentabilidade a través da economía circular, tomando conciencia da importancia que supón para o desenvolvemento local e territorial e para a saúde medioambiental.
A feira comezará o día 14 de maio con dous foros de debate. O primeiro deles, que comezará ás 10.00 horas versará sobre a Intelixencia artificial e futuro no emprego e contará con Jorge Teixeira, enxeñeiro informático, como moderador e nel participarán Diego Vázquez, director executivo de Newmind innovatio e NM-IOT SL; Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas; Pablo García; director executivo (CEO) da Prana AI; e Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego.
Logo dun descanso ás 12.00 horas dará comezo o foro Economía circular: unha aposta polo futuro do emprego que estará moderado pola xerente da mancomunidade, Fátima Cachafeiro, e contará coas intervencións de José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE; José Peleteiro de Ecoplas; Elena Fontán de Orixe Salgada; e Josefa de León, de Viratec.
O segundo día, o xoves 15, estará enfocado ás persoas demandantes de emprego a través de diferentes obradoiros de media hora de duración nos que se proporcionarán opcións de formación ou reciclaxe profesional, ferramentas para mellorar a súa empregabilidade e facer procura activa de emprego, o emprendemento ou o autoemprego.
O primeiro dos talleres será sobre Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional que estará impartido por Recursos Galicia SL. O segundo taller será de Procura activa de emprego, impartido por Nortempo ETT. E o terceiro dos talleres será Creando mañá: como converterte no propietario da túa empresa e estará impartido pola Asociación Boirense de Empresas (ABE).
Durante a xornada do xoves contarase coa presenza de empresas de diferentes sectores que ofrecerán o seu espazo para informar sobre perfís máis demandados no seu ámbito, postos de traballo vacantes ou recollida de currículos. Ao final da xornada do xoves, todas as persoas que participen e intermedien con empresas, participarán nun sorteo especial. O número para a participación no mesmo asignarase segundo a inscrición realizada na páxina web, sendo preciso estar presente no momento do sorteo.
Aínda que as xornadas están pensadas para empresas e demandantes de emprego, aos foros e talleres pode asistir o público xeral. As inscricións para participar poderán facerse mediante a páxina web do Concello de Boiro ou no mesmo día da feira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?