Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Padrón reivindicou a informática máis creativa na súa Game Party
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Padrón reivindicou a informática máis creativa na súa Game Party

S. P.
Publicado: 12/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

padron_party.jpgO Concello de Padrón inaugurou este sábado 10 de maio a Padrón Game Party, un evento centrado no lecer dixital e a cultura xuvenil que se celebrou durante toda a fin de semana no Pavillón do Souto, con acceso libre e gratuíto. A programación incluíu actividades de videoxogos, ilustración, música e reflexión social, nun formato inclusivo e aberto a toda a veciñanza.
O acto institucional de apertura celebrouse ao mediodía do sábado e contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, e das concelleiras de Dixitalización e Novas Tecnoloxías, Laura Horta, de Turismo Chus Campos, e do concelleiro de Deportes Luis Mariño. Xuntos fixeron un amplo percorrido polo recinto compartindo experiencias e anécdotas coas persoas participantes e mesmo mercando nos stands e xogando coas propostas dispoñibles. A subdelegada felicitou ao Concello por levar a cabo esta cita cultural e de ocio na comarca e por impulsar, mediante este tipo de iniciativas, “unha panca económica e dixital con actividades para todos os gustos e promovendo a inclusión e a igualdade no sector gaming”.
20250510_padron_game_party_42_.jpgPola súa banda, Anxo Arca agradeceu a presencia da subdelegada María Rivas e destacou o esforzo do Concello de Padrón e do Goberno de España por fomentar eventos e espazos pensados para a xuventude que “son o presente e o futuro da nosa sociedade”. Ademais, o alcalde destacou o traballo da concelleira de Dixitalización e Novas Tecnoloxías, Laura Horta, que “traballou arreo para conseguir que a mocidade de Padrón puidera desfrutar deste evento no noso pobo”.
20250510_padron_game_party_47_.jpg Ao longo da primeira xornada celebráronse diversas actividades destacadas, como a conferencia-demostración da profesional da caracterización Ntifta, especializada en perrucas e postizos para cine e cosplay; o obradoiro de ilustración hiperrealista con bolígrafos Bic a cargo de Belén Diz; ou o relatorio sobre TDAH e inclusión nos videoxogos a cargo da Asociación TDAH Salnés, entre outras propostas. A música tamén estivo presente coa actuación do grupo Freak GZM, que interpretou en directo versións de bandas sonoras de anime, videoxogos e cinema.
Outro dos momentos salientables da xornada foi o Concurso de Cosplay, no que un xurado profesional valorou a caracterización e posta en escena das persoas participantes. Entre as integrantes do xurado atopábanse as recoñecidas artistas Ntifta e Ayumi, esta última fundadora da marca galega Nebula Needle.
whatsapp_image_2025-05-10_at_22.01.12.jpgA programación continuou o domingo con novas actividades centradas na creatividade e a ilustración. A conferencia de confección con Sayumi, o obradoiro de cómic con Marta e Meri, creadoras do webcómic El Bertedero, o taller de creación de cartas Pokémon 3D e a actuación musical de Yell0, compositor e produtor especializado en remixes de videoxogos, acapararon a atención dos moitos visitantes que se achegaron ao pavillón.
Game Party busca consolidarse como un evento de referencia para a mocidade galega, combinando tecnoloxía, formación, entretemento e valores sociais. A iniciativa está subvencionada polo Instituto de la Juventud (INJUVE) e a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), no marco da convocatoria de axudas a entidades locais 2024-2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?