Os concellos da Arnoia, Beade, Esgos, Celanova e Os Blancos iniciaron a xestión do seu padrón de habitantes a través do novo sistema en tempo real no marco do proxecto Ourense Padrón On-Line, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola UE – Next Generation EU. Esta iniciativa liderada pola Deputación de Ourense pretende dotar á totalidade dos concellos da provincia de Ourense deste novo modelo de xestión do padrón de habitantes a data 30 de setembro de 2025.
A Deputación explicou que esta iniciativa establece dúas tarefas clave habilitar en todos os concellos: por unha banda, a implantación dun novo sistema de xestión da información territorial, que separe completamente os datos xeográficos e administrativos dos datos persoais do padrón, e pola outra o deseño do proxecto baseado no intercambio de información en tempo real, tanto entre os padróns dos municipios da provincia como entre estes e o Instituto Nacional de Estatística (INE).
A institución iniciou os traballos no mes de xaneiro de 2025 tendo prevista a súa finalización no mes de setembro de 2025. Neste contexto, na actualidade xa son 5 os concellos que se benefician deste novo sistema e prevese que ao longo dos dous próximos meses póidase implantar o sistema no 40% dos concellos da provincia de Ourense. Así mesmo, a Deputación Provincial de Ourense que inicialmente só contemplaba a implantación do novo sistema nos 91 concellos da provincia de Ourense con menos de 20.000 habitantes, incorporou tamén ao Concello de Ourense que tamén se verá beneficiado da subvención alcanzada por parte da Deputación.
Marcos Valiño García, responsable do proxecto por parte da Deputación de Ourense, valorou moi positivamente a evolución dos traballos: “Este feito permítenos avanzar con confianza nunha mellora estrutural da xestión padronal, aliñada cos obxectivos de dixitalización e modernización dos servizos públicos que impulsa a Deputación”.
Con este novo paso, a Deputación de Ourense consolida o seu compromiso coa transformación dixital do territorio, “dando resposta ao reto demográfico e reforzando a cohesión institucional en beneficio de todos os veciños da provincia”.
Xa están integrados cinco concellos no proxecto Ourense Padrón On-Line
Compartir Este Artigo

