Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña, galardoada pola súa Rede de Espazos de Coworking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña, galardoada pola súa Rede de Espazos de Coworking

S. P.
Publicado: 13/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

coworking_mino_1.jpgA Deputación da Coruña recolle hoxe na sede da Deputación de Córdoba o XIII Premio Progreso, concedido pola Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP), a Fundación para el Desarrollo de los Pueblos de Andalucía (FUDEPA) e o Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridade Internacional (FAMSI), polo seu innovador proxecto da Rede Provincial de Espazos de Coworking, desenvolvido ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL).
A deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, será a encargada de recoller o galardón nun acto que terá lugar no Palacio de la Merced, sede da institución provincial cordobesa.
En palabras da Deputación, “este recoñecemento en Andalucía pon en valor unha das iniciativas máis innovadoras e transformadoras no ámbito do emprego e o emprendemento a nivel estatal, que desde a súa creación en 2019 ten permitido o lanzamento de 263 proxectos empresariais e xerado cerca de 500 empregos nos seus 11 espazos de traballo colaborativo distribuídos por toda a provincia da Coruña”.
A Rede de Coworking da Deputación da Coruña ofrece un entorno colaborativo, innovador e profesional para o lanzamento e desenvolvemento de novas iniciativas no rural e nas vilas, contribuíndo a xerar sinerxías, compartir coñecemento e recursos, crear emprego e fixar poboación nos territorios nos que se implantan, maioritariamente concellos do ámbito rural da provincia da Coruña.
Os once centros da Rede de Coworking da Deputación da Coruña están situados en: Oleiros (Pazo de Arenaza), Boiro (Lab Barbanza), Brión (Transformando), Ames (Espazo A Proa), Moeche (Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla), A Capela (Coworking A Capela), Vedra (Centro de emprendemento A Estación), As Pontes (Green Coworking), A Pobra do Caramiñal (Coworking A Pobra), Santiago de Compostela (Coworking Dixital CCompostela), Miño (Casa do Pescador).
Apoio individualizado e especialización temática segundo o territorio
coworking_as_pontes_1.jpg A Deputación explica que “estes espazos non só ofrecen infraestrutura e acceso a Internet de alta velocidade, senón tamén formación, acompañamento, asesoramento individualizado e oportunidades de networking para os emprendedores e emprendedoras”.
A Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña destaca tamén pola súa especialización temática, xa que cada centro está orientado a áreas estratéxicas específicas segundo o potencial económico e produtivo do territorio no que se localiza. Así, existen espazos centrados na transformación agroalimentaria, na economía verde e circular, nas enerxías renovables, nas posibilidades dos produtos do mar ou na innovación tecnolóxica e dixital, o que permite ofrecer un acompañamento máis axeitado e favorecer a creación de ecosistemas locais de innovación adaptados á realidade de cada comarca.
“O modelo ten demostrado ser especialmente eficaz para impulsar proxectos sostibles no rural, onde as persoas emprendedoras adoitan atopar maiores dificultades para poñer en marcha as súas ideas de negocio”, engade a Deputación, apuntando que “este galardón é un recoñecemento moi importante para un proxecto pioneiro en España, que puxemos en marcha con moita ilusión hai case unha década e que hoxe estase consolidando como un referente para outras administracións públicas”, afirmou o o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que agradeceu o galardón concedido polas autoridades locais andaluzas e destacou que proxectos como a Rede Provincial de Coworking “amosan que a colaboración entre institucións e o compromiso coa creación de emprego e oportunidades no rural pode traducirse traducirse en resultados reais e transformadores que permiten cumprir os soños de moitas persoas e loitar contra o despoboamento nos concellos máis pequenos”.
A Rede de Coworking creouse como unha das liñas de acción do Plan de Emprego Local (PEL), o maior plan de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, cun investimento acumulado de 119 millóns de euros desde 2016 e máis de 7.700 empregos creados nestes nove anos. O PEL demostrou ser unha ferramenta eficaz para apoiar aos concellos, pemes e persoas autónomas, con axudas directas á contratación, modernización, autoemprego e emprendemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?