Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible en Academia.gal a edición conmemorativa da RAG para este 17 de maio: Por que non hei de cantar?
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible en Academia.gal a edición conmemorativa da RAG para este 17 de maio: Por que non hei de cantar?

S. P.
Publicado: 13/05/2025
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

Schubarth con Elisa e Delfina en 1979 /Colección de Antón Santamarina
Schubarth con Elisa e Delfina en 1979 /Colección de Antón Santamarina
Xa pode descargase da Rede, na sección de publicacións de Academia.gal, a edición conmemorativa da Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral. Trátase de Por que non hei de cantar?, de Manuel Rico Verea.
O volume, co que será agasallado o público que asista ao pleno extraordinario deste 17 de maio en Malpica de Bergantiños, é “un traballo sintético e de carácter divulgativo”, explica a RAG, engadindo que arrinca presentando as cantareiras de Cerceda, Malpica e Muxía nas que se personifica a gran festa da cultura galega, percorre as principais recolleitas históricas da poesía tradicional creada polo pobo e mais as publicacións literarias e musicais, e conclúe cunha lembranza da investigadora Dorothé Schubarth (1944-2023), que viaxou por toda Galicia entre finais dos anos 70 e primeiros 80 do século pasado á procura de melodías arcaicas.
A RAG lembra que “froito do inxente traballo da etnomusicóloga suíza” é o Cancioneiro Popular Galego, que acometeu coa colaboración de preto de 600 informantes e do académico Antón Santamarina, quen pronunciará este sábado unha das tres alocucións académicas da sesión da RAG.
A Academia celebra o 17 de maio dende Malpica
A Real Academia Galega celebrará a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas no Centro Cívico e Cultural de Malpica de Bergantiños, concello natal das Pandeireteiras de Mens, nas que personifica este 17 de maio que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral canda Adolfina e Rosa Casás (A Vila da Igrexa, Cerceda) e Eva Castiñeira (Agranzón, Muxía). Durante o pleno, que arrincará ás 12:30 horas, pronunciaranse as alocucións académicas de Ana Boullón, impulsora da candidatura; Antón Santamarina, coautor do Cancioneiro Popular Galego xunto a Dorothé Schubarth; e o expresidente da RAG Xesús Alonso Montero. A parte musical contará coas Tanxugueiras, exemplo senlleiro dos novos vieiros da tradición reinterpretada dende a modernidade. A sesión extraordinaria da RAG é de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio e poderá seguirse en directo dende Academia.gal e a canle de Youtube da Academia.
O programa, de acordo cos motivos que levaron a Academia a promover a candidatura das cantareiras, reivindica dous esteos fundamentais da lingua e da cultura de noso: o legado de tantas mulleres do pobo que, coma as que protagonizan estas Letras colectivas, foron principais creadoras e transmisoras da poesía popular oral, e mais a súa continuidade en novas voces como as de Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro, que lles abren á tradición e á lingua novos e exitosos vieiros creativos.
se_canto_e_porque_quero_rag-2.jpg Este será o segundo acto da RAG co gallo das Letras Galegas 2025, tras a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o seu proxecto web para o público infantil, no concello natal de Rosa e Adolfina. O alumnado do CEIPP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda protagonizou o pasado mes de marzo a estrea da peza teatral As Ferreñas (en vivo e en directo), escrita por Paula Carballeira –autora gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática– e ilustrada por Nuria Díaz. A edición dixital do texto pode descargarse en primaveradasletras.gal, onde tamén se ofrecen actividades interactivas, fichas para colorear, marcapáxinas e chapas sobre as cantareiras. A terceira gran cita das Letras terá lugar xa no outono en Muxía. A terra onde naceu e medrou Eva Castiñeira será punto de encontro de especialistas que afondarán en novas olladas arredor do fenómeno das cantareiras e a poesía popular oral.
Serie documental e micropezas sobre toponimia
Alén das actividades presenciais, a Academia celebra as Letras con intensidade na Rede, con contidos para todas as idades. Mentres Primavera das Letras se centra no público máis novo, a sección das Letras Galegas 2025 de academia.gal ofrece diversos contidos, entre eles a serie documental web Se canto é porque quero, que pode verse ademais en Agalega.gal e que será emitida na G2 o 15 de maio ás 22:30 horas. Tamén en clave audiovisual, A RAG estrea este mes varios episodios da serie O Seminario de Onomástica responde, dedicados a topónimos relacionados coas protagonistas deste 17 de maio: Xa están dispoñibles os dedicados a Vila da Igrexa e Cerceda e mais Mens, e as vindeiras semanas estrearanse os de Malpica de Bergantiños e Muxía.
Tres epicentros do canto e do baile
De acordo cos seus estatutos, a Real Academia Galega personificou a celebración do vindeiro 17 de maio nas catro Pandeireteiras de Mens que faleceron hai máis de dez anos: Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda. Xunto a Adela Rey Torrado e Teresa Lema Varela, constituíron o primeiro grupo de cantareiras tradicionais que espallaron polo mundo adiante a poesía popular oral, tras se integraren nos anos 70 do século pasado na Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña. Todas elas son naturais dunha parroquia, e dunha comarca, extraordinariamente rica no tocante á tradición oral e escenario de múltiples recollas en distintos momentos históricos.
O Boletín da Real Academia Galega recolleu dende os primeiros anos de vida da institución algúns destes traballos, entre os que destaca o Cancioneiro de Buño, composto por 84 coplas publicadas en varios números saídos do prelo entre 1911 e 1913. Todas elas foron escoitadas a Dolores Cancela Pérez, labrega de 17 anos natural de Buño, cuxa contribución facilitou que este herdo siga a ser interpretado por cantareiras e bailado en foliadas. Deste e doutros cancioneiros históricos e actuais fálase nun artigo específico publicado na sección das Letras.
Apoios
As actividades da Real Academia Galega co gallo das Letras Galegas desenvólvense co apoio de diversas institucións públicas. A sesión do 17 de maio conta coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. O Goberno autonómico e central tamén colaboraron economicamente na publicación conmemorativa do 17 de maio e mais na produción da serie Se canto é porque quero canda a Deputación da Coruña, que financia Primavera das Letras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?