Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA e a Universidade de Pensilvania xuntan forzas para acelerar o achado de novos fármacos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA e a Universidade de Pensilvania xuntan forzas para acelerar o achado de novos fármacos

S. P.
Publicado: 13/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

roman_rodriguez_gq2bjhox0aedjbd.jpgO conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, visitou co catedrático de Biotecnoloxía da Universidade de Pensilvania, o galego César de la Fuente, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), co obxecto de asinar un convenio de colaboración entre a Xunta e esta institución académica estadounidense. O investigador, pioneiro no emprego da IA para o desenvolvemento de antibióticos, puido coñecer unhas instalacións e uns equipamentos avanzados (os do CESGA) que servirán de base para acelerar o descubrimento de antibióticos fronte a bacterias resistentes.
Acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, o conselleiro afirmou que esta colaboración entre o CESGA e a Universidade de Pensilvania contribuirá a “mellorar as capacidades de investigación de ambas entidades”, proporcionando información na área de descubrimento de fármacos que permitirá ao CESGA adestrar modelos de Intelixencia Artificial. Amais, engadiu, “enriquecerá a capacidade de cálculo e infraestruturas de datos, así como o coñecemento nas áreas de computación de altas prestacións, IA, bioinformática, biofísica computacional e sistemas moleculares”.
No marco desta colaboración, o CESGA achegará investigadores e técnicos nestes campos, mentres que a Universidade de Pensilvania proprocionaraos para o descubrimento de antibióticos mediante tecnoloxías intelixentes.
roman_rodriguez_gq2bjhfxwaaqeyj.jpg Román Rodríguez destacou a experiencia do Centro de Supercomputación de Galicia no servizo e colaboración con grupos de investigación e empresas no eido das ciencias da vida, máis concretamente en simulación numérica para caracterización e deseño de moléculas de interese, de dianas para fármacos, descubrimento e deseño de medicamentos, análise xenómica e proteómica, creación de repositorios de datos médicos e aplicación da intelixencia artificial a temas relacionados coa medicina personalizada.
Ademais, o CESGA está desenvolvendo actualmente un demostrador de espazo de datos focalizado na área OneHealth (saúde humana, animal, seguridade alimentaria e medioambiental) cunha actividade significativa arredor das resistencias microbianas.
Rodríguez tamén salientou as capacidades de Galicia en investigación biomédica e biotecnoloxía, un sector estratéxico no que se está a desenvolver unha Estratexia de consolidación do sector e cuxo investimento en I+D+i representa o 17% de todo o gasto en I+D+i de Galicia. Destacou a maiores que outra das áreas estratéxicas de Galicia son a supercomputación e as tecnoloxías cuánticas polas que Galicia está a apostar firmemente, como queda reflectido no Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?