Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector achégase á enfermaría nunha ducia de vídeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector achégase á enfermaría nunha ducia de vídeos

S. P.
Publicado: 13/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proxector_enfermaria.jpgA nova entrega do portal Proxector, iniciativa de divulgación científica en lingua galega promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Universidade de Santiago (USC), afonda neste mes de maio na axuda que nos ofrecen os profesionais da enfermaría.
Baixo o título Enfermaría: a ciencia de saber coidar, a nova entrega de Proxector escola unha ducia de vídeos que nos achegan a biografía de tres mulleres galegas que foron pioneiras neste eido (Isabel Zendal, Elena López Mourín e Ramona Vaamonde) máis unha selección de recursos didácticos e divulgativos que nos falan da enfermaría, tanto desde o punto de vista práctico como académico.
O CCG e a USC lembran que cada 12 de maio celébrase o Día Internacional da Enfermaría, en homenaxe ao día en que naceu, en 1820, Florence Nightingale, considerada a fundadora da enfermaría moderna, polo seu labor asistencial na guerra de Crimea. Ao fío desta celebración, o especial deste mes de Proxector, escolma recursos científicos de carácter divulgativo na nosa lingua. Entre eles, un vídeo de TED, traducido ao galego por Claudia Ríos, no que Carolyn Jones reivindica a importancia dos profesionais da enfermaría dentro do sistema sanitario. Amais, hai tres galegas destacadas no ámbito da enfermaría: a primeira delas é Isabel Zendal. Orixinaria de Ordes está considerada a primeira enfermeira da historia en participar nunha misión humanitaria internacional. Formou parte da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812), dirixida polo doutor Francisco Xavier Balmis co obxectivo de levar a vacina da varíola a América, tal e como conta Carmela Cela nun vídeo incluído no especial.
A segunda é Elvira López Mourín, orixinal de Láncara (Lugo), que formou parte do primeiro voo de carácter sanitario da historia de España, realizado o 1 de novembro de 1922 co obxectivo de socorrer os feridos da batalla de Tizzi Azza en Marrocos.
A terceira é Ramona Vaamonde (1907-1997), microbióloga e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a Guerra Civil o seu laboratorio convértese no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, onde se producen os fármacos para os soldados de guerra e nesta mesma etapa a nosa protagonista acada tamén o título de enfermeira. En 1975 o seu papel foi decisivo na detección do virus do cólera en Santiago, evitando deste xeito unha epidemia.
No especial inclúense vídeos que nos falan de aspectos básicos da educación para a saúde no que respecta á nutrición; das nocións destacadas do sistema ABCDE que se emprega para a valoración inicial do paciente en situacións de emerxencia; das recomendacións para mobilizar, tanto activa como pasivamente; de realizar cambios posturais cos pacientes encamados; ou de consellos para o manexo avanzado de osixenación e ventilación dun paciente inconsciente. Hai tamén un par de audiovisuais para coñecer as diferentes opcións educativas para formarse nesta práctica (no Grao Medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría e no grao superior en Enfermaría) ou como funciona a Academia de Enfermería de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?