Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unisys, empresa global de solucións tecnolóxicas, recibe o Premio 17º Aniversario CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unisys, empresa global de solucións tecnolóxicas, recibe o Premio 17º Aniversario CPEIG

S. P.
Publicado: 13/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

equipo_unisys.jpg Dende o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anuncian o Premio 17 Aniversario CPEIG da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2025 á empresa tecnolóxica Unisys polo seu mecenado como patrocinador da Noite garantindo así a súa celebración durante estes dezasete anos e contribuíndo ao recoñecemento do talento e a excelencia no eido tecnolóxico galego. Segundo Unisys este evento do CPEIG representa unha oportunidade única para poñer en valor o traballo das profesionais TIC, e para fomentar o diálogo entre empresa público-privada, universidade e sociedade.
Detrás de Unisys atopamos a unha empresa global de solucións tecnolóxicas que leva máis de 150 anos transformando os negocios e mellorando a vida das persoas a través da tecnoloxía. Con presenza en máis de 40 países e un equipo heteroxéneo de expertos en enxeñería, ciberseguridade, servizos na nube, Intelixencia Artificial e solucións de misión crítica, Unisys mantén un compromiso constante coa excelencia, a sostibilidade e a innovación.
Engadir que Unisys está presente en España, e especialmente en Galicia, e conta cunha sólida presenza a través do seu centro de operacións en Santiago de Compostela. Desde aí, traballan con talento local para desenvolver solucións tecnolóxicas avanzadas para os seus clientes, non só a nivel local senón nacional e internacional. O seu equipo galego está composto por enxeñeiros, técnicos de sistemas e redes, analistas e expertos en ciberseguridade que contribúen con proxectos clave en sectores como a administración pública, o transporte e as telecomunicacións.
Ana Rubio, directora xeral de Unisys en España, recollerá o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia.
Para rematar Ana Rubio afirmou que “Recibir este recoñecemento énchenos de orgullo e reforza o noso compromiso con Galicia, unha comunidade que destaca polo seu capital humano, os seus centros de investigación e a súa vocación pola transformación dixital. En Unisys, cremos firmemente que o futuro tecnolóxico pasa por unha estreita colaboración entre empresas e territorios, apostando polo talento local e contribuíndo ao desenvolvemento económico e social desde unha perspectiva global”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?