Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca a II Feira de Emprego do Barbanza poñendo o foco nas posibilidades da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca a II Feira de Emprego do Barbanza poñendo o foco nas posibilidades da IA

S. P.
Publicado: 14/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_boiro_emprego03.jpgO alcalde de Boiro, José Ramón Romero, abriu este mércores a II Feira de Emprego do Barbanza que promove o Concello de Boiro e que se celebra ata este xoves 15 de maio no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira co obxectivo de “facilitar a relación entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego”.
O alcalde puxo en valor o traballo que se realiza para a formación para o emprego: “Fixemos unha forte aposta polo emprego e tamén pola formación para o emprego, dándolle vida a este centro no que están a formarse entre 300 e 400 persoas cada ano en habilidades orientadas ás demandas dos sectores produtivos da comarca. Os froitos desa aposta estámolos a recoller agora pois, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, Boiro é o terceiro concello de España que máis medra en emprego no ano 2024”.
E engadiu: “Temos que seguir traballando e seguir dando pasos para seguir liderando o emprego non só en Galicia senón tamén no conxunto do Estado e iso ímolo conseguir coa ampliación do polígono industrial para que se asenten novas industrias, a ofrecendo formación acorde ás saídas profesionais e perfís que precisan as empresas”.
feira_boiro_barbanza_emprego02.jpg Durante a mañá desenvolvéronse dous foros de debate sobre a Intelixencia artificial e a economía circular. O primeiro deles estivo moderado por Jorge Teixeira, enxeñeiro en Informática, e contou coa participación de Diego Vázquez, director executivo (CEO) de Newmind innovatio e NM-IOT SL; Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas; Pablo García; CEO da Prana AI; e Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego. Nesta primeira mesa conversouse sobre o impacto da IA no mercado de traballo e na sociedade, como pode a Intelixencia Artificial promover novos empregos, os usos que a IA pode ter no ámbito profesional e laboral e as oportunidades futuras que se abren gracias á súa aplicación.
boiro_feira_emprego01.jpgO segundo foro da maña, Economía circular: unha aposta polo futuro do emprego, estivo moderado pola xerente da mancomunidade, Fátima Cachafeiro, e contou coas intervencións de José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE; José Peleteiro de Ecoplas; Elena Fontán de Orixe Salgada; e Josefa de León, de Viratec. Nesta mesa tratouse a reciclaxe e a reutilización de materias primas para manter un entorno sostible, os novos produtos e servizos vinculados coa economía circular que empregan as distintas empresas, así como a aparición de novos empregos e cales van ser os retos da economía circular.
A II Feira de Emprego do Barbanza continúa este xoves con obradoiros enfocados a persoas demandantes de emprego: Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional que estará impartido por Recursos Galicia SL; Procura activa de emprego, impartido por Nortempo ETT; e Creando mañá: como converterte no propietario da túa empresa, impartido pola Asociación Boirense de Empresas (ABE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?