Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC traballa nun proxecto europeo para mellorar a calidade do coidado de persoas con demencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC traballa nun proxecto europeo para mellorar a calidade do coidado de persoas con demencia

S. P.
Publicado: 14/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deduc__002_.jpg Formar a máis de 150 participantes, profesionais sanitarios de eidos como a enfermaría, psicoloxía, terapia ocupacional e traballo social, e estudantes universitarios en disciplinas afíns é a finalidade que ten o proxecto europeo DEDUC, detrás do cal se atopa o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, en colaboración coa Fundación Universidade da Coruña. Para afondar neste proxecto o luns 12 e o martes 13 de maio levouse a cabo a primeira reunión transnacional que reuniu na Coruña a representantes das sete institucións socias do consorcio transnacional, marcando o comezo oficial desta iniciativa financiada polo programa Erasmus+. Dicir que o proxecto foi aprobado dentro da convocatoria KA220-VET de Erasmus+ (2024), correspondente a asociacións para a cooperación no ámbito da formación profesional, e conta cun financiamento total de 250.000 euros.
O impacto a medio prazo desta proposta inclúe unha mellora na calidade do coidado a persoas con demencia, un maior uso de ferramentas dixitais na formación profesional e unha cooperación europea reforzada no eido sociosanitario.
Para o subdirector do CITIC, Javier Pereira “este proxecto supón unha oportunidade para aplicar o TIC á saúde e ao envellecemento activo, aliñándose coas súas liñas estratéxicas de investigación e innovación con impacto social”.
Indo a DEDUC, sinalar que ten como principal obxectivo mellorar as competencias de estudantes universitarios e profesionais sanitarios no coidado da demencia mediante o desenvolvemento dun programa de formación profesional a distancia, baseado en tecnoloxías dixitais, contidos innovadores e enfoques inclusivos. Esta proposta responde á crecente necesidade de persoal cualificado para atender a unha poboación europea cada vez máis envellecida.
O proxecto está coordinado polo Instituto Politécnico do Porto, en Portugal, e conta cun consorcio transnacional formado por diversas institucións de distintos países: por parte de España a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) e o CITIC, a Fundació ACE, Barcelona Alzheimer Treatment & ResearchCenter; por Portugal a Irmandade da Santa Casa da Misericórdia de Riba D’Ave; a ELLINIKI ETAIRIA NO SOY ALZHEIMER KAI SYGGENONDIATARACHON SOMATEIO por Grecia e a SPOMINCICA -Asociación Eslovena de Alzheimer por Eslovenia.
Resumindo o plan de traballo de DEDUC abranguerá diversos aspectos: desenvolvemento dunha plataforma dixital de formación, accesible e interactiva; deseño e implementación dun programa de formación profesional en coidados de demencia (para coidadores e persoal sanitario); creación dun xogo de simulación dixital; redacción dunha guía de transferencia e recomendacións políticas; tradución multilingüe da plataforma e os seus contidos (español, portugués, inglés, grego e esloveno) para garantir a máxima accesibilidade.
Para rematar, dicir que o proxecto terá unha duración de 28 meses, comezando o 1 de setembro de 2024 e finalizando o 31 de decembro de 2026.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?