Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os músicos da romaría de San Campio abren a escolma de imaxes do Arquivo Dixital da RAG arredor do cancioneiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os músicos da romaría de San Campio abren a escolma de imaxes do Arquivo Dixital da RAG arredor do cancioneiro

S. P.
Publicado: 14/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

arquivo-rag-coloreada-romaria_de_santo_ourente_cara_a_1890_.jpgO Arquivo da Real Academia Galega estrea nesta semana central das Letras Galegas 2025 unha serie na que escolma e comenta imaxes históricas relacionadas coa poesía popular oral e as cantareiras, ás que a institución lles dedica a gran festa deste 17 de maio, Día das Letras Galegas. A escolma empeza cunha estampa inmortalizada por José Prieto Guerra a finais do século XIX na popular romaría de San Campio de Santo Ourente de Entíns (Outes). O posado, que comenta a académica Margarita Ledo, “evoca o canto tradicional do pobo que está na cerna da celebración”, segundo a RAG.
As pezas comentadas compartiranse na sección das Letras Galegas 2025 de academia.gal. Todas elas forman parte do fondo arquivístico dixitalizado e dispoñible en aberto en Galiciana-Arquivo Dixital de Galicia.
A imaxe de Prieto Guerra consérvase no fondo do académico fundador Eladio Oviedo Arce (Noia, 1864-1918), quen lle debeu de encargar outras fotografías na zona da ría de Muros e Noia en distintos momentos, de acordo coa documentación gráfica conservada no Arquivo da Academia e mais con correspondencia que intercambiaron. José Prieto Guerra realizou este retrato de grupo cara a 1890, na romaría de San Campio, Santo Ourente de Entíns, concello de Outes, que se celebra a finais do mes de setembro.
Tamén chamada romaría do mal cativo, a romaría de San Campio gozou, e segue a gozar, de gran sona en Outes e nos concellos veciños. E como suxire a estampa, a parroquia de Santo Ourente debeu de ser dende hai moito tempo berce de xente cantareira. A ela chegou en xaneiro de 1979 Dorothé Schubarth, á procura de melodías e cantigas populares que cantaron para ela, entre outros veciños e veciñas, María Mercedes, de 90 anos, Manola (58), Pelegrina (83) ou Beleiro (76), quen entoaron coplas coma estas: San Campio é moi valente /que ten a ialma no ceo / i o corpo en San Orente; Romaría de San Campio / non che era para perdere / se Deus quere e non morro / para o ano hei de volvere; San Orente é boa terra / dun pino qu”había alí / fixen un barco de guerra / ai la la la ai la la / ai la la la la la ra la.
arquivo-rag-romaria_de_santo_ourente_cara_a_1890_.jpg A etnomusicóloga suíza tamén lle recolleu en Santo Ourente a Marisol (64 anos) estoutra copla igualmente incluída no Cancioneiro Popular Galego que publicou coa colaboración do académico Antón Santamarina: Malpica dos meus amores / o rei che quixo vendere / para mercar a Malpica / moitos cartos hai que tere. O rexistro destes versos pode ser unha boa proba da popularidade alén da comarca dunha romaría á que tamén foron cantar as pandeireteiras de Mens, segundo indica José Manuel Fernández Pensado, Manel de Aturuxo, no volume As Vellas de Mens (Galaxia, 2025), dedicado ás cantareiras e tocadoras do concello de Malpica de Bergantiños nas que a RAG personifica a homenaxe destas Letras Galegas 2025 canda Rosa e Adolfina Casás Rama e mais Eva Castiñeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?