Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago achega cursos tecnolóxicos para fomentar o emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago achega cursos tecnolóxicos para fomentar o emprendemento

S. P.
Publicado: 15/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usuaria_computador_ordenador_traballando_dixital.jpgA Cámara de Comercio de Santiago puxo en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas a persoas inactivas, desempregadas ou en mellora de emprego que conten cunha idea ou proxecto de negocio e necesiten apoio en aspectos clave da xestión empresarial, ben antes de constituírse como empresa, ou ben durante a súa consolidación, mellorando así as súas competencias emprendedoras e empresariais.
Estas actuacións enmárcanse no Programa España Emprende, que a Cámara compostelá desenvolve en colaboración coa Cámara de Comercio de España. Este programa conta co co-financiamento do Fondo Social Europeo dentro do período de programación 2021-2027 e polo Concello de Santiago de Compostela, polo que a participación nos itinerarios formativas será gratuíta para todos os participantes.
O itinerario componse de oito accións formativas, cunha duración de 30 e 60 horas, centradas en materias como Intelixencia artificial aplicada ás vendas; Como crear a túa empresa online?; Fotografía móbil e microvideos para mellorar as redes sociais do teu negocio; Emprendemento en xardinería e paisaxismo; Xestión de almacéns e stocks: competencias para o emprendemento ou Tarefas administrativas básicas.
A acción que abre o itinerario Como crear a túa empresa online?; comezará o próximo 26 de maio, co obxectivo de que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para a creación de empresas en liña, ademais da normativa e requirimentos legais que configuran a creación destas empresas.
Durante o mes de xuño, impartiranse as accións Intelixencia Artificial aplicada ás vendas e Fotografía móbil e microvideos para mellorar as redes sociais do teu negocio, dirixidas a persoas emprendedoras cunha idea ou proxecto de negocio, que necesiten apoio para identificar as posibilidades que ofrece a IA ou aprender a crear fotografías e microvideos de alta calidade respectivamente, ou ben antes de constituírse como empresa, ou ben durante a súa actividade, mellorando as súas competencias emprendedoras e empresariais.
Durante o mes de setembro, as acción formativa Intelixencia Artificial sinxela para emprendedores: da idea de negocio ao plan de márketing axudará aos participantes para mellorar as súas competencias á hora de aprender a utilizar ChatGPT de maneira práctica para prospectar, atraer clientes, superar obxeccións e pechar vendas con eficacia, e a formación Tarefas administrativas básicas fomentará o autoemprego e a actividade empresarial nas tarefas administrativas básicas.
As accións formativas Emprendemento en xardinería e paisaxismo e Emprendemento no sector da atención sociosanitaria levaranse a cabo no mes de outubro, tendo como obxectivo mellorar as competencias emprendedoras e empresariais para fomentar o autoemprego e a actividade empresarial no sector da xardinería e o paisaxismo e no sector sociosanitario, respectivamente.
A última acción prevista, no mes de novembro, é Xestión de almacéns e stocks: competencias para o emprendemento, que dará a coñecer ao alumnado participante como identificar as características básicas das operacións dos distintos tipos de almacén, así como o fluxo de mercadorías, as zonas de traballo, as ferramentas e materiais utilizados, os inventarios e os pedidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?