Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca de Vigo recoñece a Igalia e a Torus Software nos 6º Premios Ardán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca de Vigo recoñece a Igalia e a Torus Software nos 6º Premios Ardán

S. P.
Publicado: 15/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ardan_zona_franca_presentacion.jpgTres empresas de Vigo e a súa área, Roeirasa, Hermasa e Compañía Española de Algas Mariñas; outras tres da provincia da Coruña, Aluman Sistemas e as tecnolóxicas Igalia e Torus Software Solutions; unha de Lugo, A Vida 013; e Cuvida, empresa de San Cibrao das Viñas, en Ourense, son este ano as 8 compañías que serán galardoadas cos Sextos Premios Ardán á Excelencia Empresarial de Galicia, que promove e lidera a Zona Franca de Vigo. Ademais, Stellantis España recibirá o Premio Especial á Traxectoria Empresarial como referente industrial e motor da economía viguesa, galega e española.
Así o anunciaron este xoves 15 de maio o delegado do Estado, David Regades, e Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente do Consorcio, acompañados do primeira tenente de alcalde e senadora, Carmela Silva, e a xefa do Servizo de Estudos Económicos Ardán da Zona Franca, Susana Lama.
Regades e Cabaleiro puxeron en valor “o alto número de indicadores de excelencia que lograron estas empresas”, que son o baremo que se aplica de forma obxectiva e rigorosa na análise da información de máis de 45.000 compañías galegas que realiza o Departamento Ardán.
Os Premios recoñecen ás empresas que máis destacan en criterios relacionados coa competitividade, e en valores como crecemento, fortaleza financeira, innovación, internacionalización, xestión do talento ou igualdade de xénero, entre outros.
Stellantis España recibirá o Premio Especial á Traxectoria Empresarial como “referente na economía e motor industrial do sur de Galicia”, ademais de contribuír á fixación de poboación, o desenvolvemento e o benestar social na área de Vigo. Valoráronse tamén estes fitos: Stellantis concentra ao redor do 21% da riqueza xerada polo tecido empresarial da área viguesa (4% de Galicia) e representa o 12% do emprego, alcanzando cerca do 11% do PIB da comarca. Doutra banda, nos últimos 25 anos Stellantis acumulou unha xeración de rendas para a economía de máis de 17.000 millóns de euros, dos que máis de 7.500 millóns foron en forma de salarios. Así mesmo, contribuíu fiscalmente ao benestar social con aproximadamente 1.050 millóns de euros en forma de impostos.
Das 8 empresas distinguidas cos indicadores, a viguesa Roeirasa liderou a clasificación deste ano ao conseguir ata seis indicadores, unha cifra moi alta que, como sinalou David Regades, “non é nada común e moi poucas empresas lógrano, só as que teñen unha notable relevancia na creación de riqueza e emprego en Galicia, ademais, de contribuír á competitividade global ao atraer investimento e talento”.
Os galardóns desta sexta edición entregaranse o día 22 de maio, ás 19.00h, no transcurso da tradicional gala, que un ano máis celebrarase no Auditorio Mar de Vigo e onde espera a asistencia de máis de 400 persoas do mundo empresarial, económico, social e institucional de Galicia.
Ademais da cerimonia de entrega dos Premios o evento, conducido pola actriz e creadora Alejandra Martínez de Miguel, contará cun coloquio dirixido pola xornalista Ana Fuentes, con profesionais do mundo da xestión de talento, a era dixital e os novos sectores tecnolóxicos, como Silvia Leal, unha das principais voces no ámbito do liderado; Tati Ballesteros, experta en comunicación emocional e xestión do talento; e Guillermo Lamelas, director executivo e co-fundador de Alén Space, referente galego do emerxente sector do New Space.
A gala finalizará cun concerto íntimo de Paula Mattheus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?