Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UCC+i (UVigo) organiza actividades para abordar o uso responsable da tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UCC+i (UVigo) organiza actividades para abordar o uso responsable da tecnoloxía

S. P.
Publicado: 16/05/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Roxana Morduchowicz será a encargada de impartir un obradoiro sobre uso seguro e responsable das redes
Roxana Morduchowicz será a encargada de impartir un obradoiro sobre uso seguro e responsable das redes
Coincidindo coa celebración, este sábado 17 de maio, do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo lanzou un programa de actividades para dotar ao alumando, ás familias e ao público xeral de ferramentas para detectar e combater a desinformación.
O programa, que forma parte do Plan de Ciencia de Ida e Volta da UCC+i e que conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), inclúe entre outras moitas propostas un obradoiro multidisciplinar sobre desinformación e novas tecnoloxías para alumnado de Secundaria, un taller en liña para familias coa experta Roxana Morduchovicz no que se abordará o uso seguro e consciente das redes sociais na adolescencia e un debate público en Pontevedra, que reunirá expertos en comunicación, Intelixencia Artificial e saúde mental.
Dende a UCC+i explican que o obxectivo é “contribuír a educar no uso responsable da tecnoloxía, aproveitando as investigacións realizadas no seo da Universidade de Vigo” e para iso contan co “coñecemento e a colaboración de persoas expertas de distintas áreas, polo que todas as actividades propostas son multidisciplinares e achegan unha visión de conxunto”.
Obradoiro en liña aberto a familias
A primeira das actividades terá lugar o vindeiro 26 de maio e será un obradoiro en liña que impartirá Roxana Morduchovicz, recoñecida experta en cultura xuvenil e asesora principal da UNESCO no programa de Cidadanía Dixital. A actividade, Adolescentes e redes sociais: Que poden facer as familias?, está aberta á cidadanía e nela Morduchovicz afondará na importancia das redes sociais para os adolescentes, analizando os riscos asociados ao seu uso e as consecuencias psicolóxicas que poden ter na súa identidade e autoestima. A sesión tamén incluirá orientacións e ferramentas para que as familias poidan acompañar as súas crianzas no uso responsable e reflexivo das plataformas dixitais.
Roxana Morduchovicz é autora de libros como Los adolescentes y las redes sociales e Ruidos en la web. Cómo se informan los adolescentes en la era digital e conta cunha ampla traxectoria internacional como asesora de políticas de cidadanía dixital en diversos países. Dende a UCC+i animan ás familias a participar nesta actividade “que ofrece claves moi prácticas para comprender mellor o mundo dixital no que se moven as nosas crianzas, e para acompañalas con máis ferramentas e criterio”. Será “unha “oportunidade única para achegarse a unha problemática de grande actualidade dende unha perspectiva científica, pedagóxica e práctica”.
Obradoiro para alumnado de secundaria
ucc-dia_mundial_teleco-cartel_xeral-a3-horizontal.jpg Ao día seguinte, o 27 de maio, desenvolverase un obradoiro no IES Mendiño de Redondela co alumnado de 4º da ESO para explorar distintos aspectos da desinformación e do uso seguro da tecnoloxía a través de estacións de aprendizaxe. O alumnado terá a oportunidade de aprender a crear bos prompts (instrucións ou preguntas) para ferramentas de intelixencia artificial como ChatGPT, de experimentar coa detección de novas falsas nun escape room dixital, de explorar o impacto dos algoritmos nas redes sociais e de poñer a proba os seus coñecementos nun reto interactivo.
A actividade será impartida por Silvia García Méndez e Francisco de Arriba Pérez, do grupo TC1 – Tecnoloxías da Información e membros de atlanTTic; Guillermo Blanco González, do grupo SI4 – Sistemas Informáticos de Nova Xeración; e Talía Rodríguez Martelo e Uxía Seijas, do grupo CP2 – Comunicación Persuasiva, todas e todos eles investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo.
Ademais, neste evento estará presente a furgoneta Paparruchas: en marcha contra a desinformación, un espazo itinerante de divulgación científica que se instalará no patio e ofrecerá información adicional sobre os retos das fake news e as ferramentas dispoñibles para facerlles fronte. Este vehículo tamén se desprazará a Lalín para formar parte da feira científica A ciencia que vén ten nome de muller, que será o día 30 organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín.
Debate con Xabier Fortes no Museo de Pontevedra
Finalmente, o 9 de xuño, o Museo de Pontevedra acollerá o debate A desinformación baixo o foco, moderado polo xornalista Xabier Fortes e no que participarán investigadores e investigadoras da UVigo, como José Rúas Araújo e Iván Puentes, da Facultade de Comunicación; Guillermo Blanco González, da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Silvia García Méndez e Francisco de Arriba Pérez, da EE de Telecomunicación e Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra e divulgadora (@rainhavermelha en Instagram). Este evento estará estruturado en seis bloques temáticos que abordarán desde o funcionamento das fake news ata as ferramentas para combatelas. O debate estará aberto ao público ata completar a capacidade da sala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?