Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña xestionou 780.000 euros en programas de apoio TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña xestionou 780.000 euros en programas de apoio TIC

S. P.
Publicado: 20/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

camara_coruna_balance.jpgA Cámara da Coruña presentou este 20 de maio o balance de 2024, que pechou con resultado positivo e superávit orzamentario. No balance faise saber tamén que ao longo do pasado exercicio, foron máis de 5.000 as beneficiarias dos programas que xestiona, entre empresas, emprendedores/as e persoas particulares, trasladándolles un total de 5,2M€.
A entidade aumentou o orzamento das súas principais áreas de actuación. Así, máis de 1M€ destináronse aos programas de impulso á internacionalización de exportadores. Para os destinados ao apoio á creación de emprego, a entidade xestionou 2,9M€; para os programas de apoio a empresas para innovación e novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), manexou un orzamento próximo aos 778.000€; e para o impulso ao emprendemento conseguiu financiamento por importe de máis de 2M€.
A entidade puxo en marcha novos servizos como o programa de Mentoring Internacional, os Encontros 45 , o programa Eduindustria, o programa Impulsa Startup, reforzou o referente a análise de proxectos estratéxicos, executou plenamente o plan de Formación para Comercios e puxo en marcha un sistema interno de cumprimento normativo.
camara_coruna_balance_formacion_2.jpgAdemais, a entidade contou cun orzamento de máis de 1M€ para participar nos programas FOEXGA e Sinerxia, desenvolvidos co IGAPE, no marco dos cuAles organizou 29 accións de promoción internacional en modo presencial nas que participaron 170 empresas. Así mesmo, organizou en 2024 a undécima edición de ExporpEmes, na que participaron preto de 120 empresas de 20 países e 2 continentes, ademais de 1 cámara internacional.
A través do programa Xpande Dixital, a Cámara tramitou 75.000€ en axudas para 14 empresas.
Pola súa banda, co programa de Mentoring Internacional, a entidade asesorou a 7 empresas e organizou dúas xornadas, ás que asistiron preto de 40 persoas.
Novas tecnoloxías da información
A Cámara destinou preto de 778.000 € a programas de fomento da innovación e TIC nos que participaron 310 empresas. 40 empresas participaron nos programas Peme Innova e Peme Dixital, que se desenvolven en dúas fases, unha primeira de diagnóstico de situación e informe de recomendacións e unha segunda de axudas directas ao investimento.
Co programa Peme Cibersegura, 12 empresas puideron optimizar o aproveitamento das tecnoloxías nos seus negocios.
Así mesmo, 20 negocios participaron no programa de Apoio ao Comercio Comerciante polo miúdo, que contou cun orzamento de preto de 44.000€ para apoiar a 29 comercios no desenvolvemento e aplicación de solucións tecnolóxicas.
Cun orzamento superior aos 93.000€, a Oficina Acelera Peme da Cámara atendeu a máis de 220 empresas e organizou 22 xornadas informativas ás que asistiron unhas 540 persoas. A través deste servizo, a entidade atende, de forma gratuíta e personalizada, a pequenas e medianas empresas, micropemes, persoas autónomas e emprendedoras da área interesados no programa Kit Dixital, en comezar ou en avanzar nos seus procesos de dixitalización, pero tamén axuda a pemes provedoras de tecnoloxía a introducir os seus produtos e solucións no mercado.
A través do programa Peme Sostible, co que a entidade ofrece apoio para o impulso da innovación en materia de sustentabilidade, apoiou a 7 empresas cun orzamento superior aos 110.000€.
Previsións 2025
Este ano a entidade poñerá en marcha, á volta do verán, o seu novo Centro de Formación, unha infraestrutura que busca potenciar o desenvolvemento profesional e empresarial da área e que vén consolidar á entidade como referente en materia de formación empresarial e para o emprego.
O Club Cámara Noroeste, que abriu as súas portas no mes de xaneiro, estará en plena actividade neste exercicio.
A Cámara previu tamén que se celebren novas feiras de emprego dirixidas a mozos e a maiores de 45 anos.
A entidade proponse, así mesmo, continuar coa ampliación da súa base de socios e co desenvolvemento da actividade da Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial para establecer sinerxías coa Cidade das TIC, coa Autoridade Portuaria da Coruña, co Concello de Carballo. Nos vindeiros meses está previsto que se subscriban convenios de colaboración con outras entidades, públicas e privadas da área.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?