Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG analiza en Soutomaior a relación entre cultura e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG analiza en Soutomaior a relación entre cultura e comunicación

S. P.
Publicado: 20/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cultura_comunicacion_ccg.jpgO Consello da Cultura vai organizar este mércores 21, a partir das 16.00 horas en Soutomaior, unha nova xornada do ciclo Acceso á cultura en Galicia 2025. Estamos a falar da cita Acceso á cultura e comunicación. O obxectivo é coñecer como se comunican os proxectos culturais a partir das experiencias de oito proxectos que se desenvolven na provincia de Pontevedra. A sesión está coordinada por Marián Fernández, non se emite en directo pero será gravada e subirase á hemeroteca á maior brevidade posible.
Segundo informou o CCG, a terceira sesión do ciclo Acceso á cultura lévanos ata a antiga fábrica de carburos Laforet de Arcade para abordar a relación entre acceso á cultura e comunicación coa finalidade de obter datos a partir de proxectos culturais e sociais que traballan en distintos eidos.
Poñerase o acento en identificar as diferentes necesidades de accesibilidade e comunicación que teñen os ámbitos do audiovisual, editorial, escénicas, arte urbana, música, proxectos comunitarios, deseño, publicidade e contidos dixitais. Na sesión cuestionarase se se comunican eficazmente os dereitos culturais e se facilita o acceso á cultura para todas as persoas.
museo_do_videoxogo_muvi.jpgA xornada comeza coa presentación de oito proxectos como son Cru Producións, no eido audiovisual; en comunicación e deseño, As Peaky Branders; en música, o proxecto de escénicas Ártika Cía; en arquitectura e arte urbana, o Proxecto Ewa; ademais da comunidade A Morada, a editora Catro ventos máis a experiencia do Museo do Videoxogo.
Guían as sesións de traballo Encarna Lago, Olaxonmario e Ana G. Liste. No marco da sesión está programada unha visita guiada polo edificio para coñecer a súa historia fabril e o proceso de recuperación patrimonial para uso público ligado á cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?