Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de Benestar Dixital de Galicia colle impulso co apoio da USC e o CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan de Benestar Dixital de Galicia colle impulso co apoio da USC e o CPEIG

S. P.
Publicado: 20/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250507_educacion_reuplanbenstardxital_mac-07.jpgO pasado xoves 15 de maio celebrouse unha xuntanza de traballo dirixida á elaboración do futuro Plan de Benestar de Galicia, convocada polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. Na reunión tamén se avanzou no deseño da Lei de Educación Dixital de Galicia. O Plan de Benestar Dixital vai dirixido, como lembraremos, a garantir un uso saudable, seguro e responsable das novas tecnoloxías nas aulas.
Participaron, entre outras/os, dúas persoas especialistas da USC na cuestión dixital, como son Mª Dolores Fernández Tilve e Antonio Rial Boubeta. Dolores Fernández é profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación e coordinadora do grupo de investigación Atalaia, mentres que Antonio Rial é docente do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía e membro do Grupo de Investigación Psicoloxía do Consumidor e Usuario.
Con el e ela estiveron tamén a médica pediatra e presidenta da Sociedade de Pediatría de Galicia, Susana Rey García; o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Suárez, e o director do Centro de Innovación Educativa e Dixital, Ángel Rodríguez. Asistiron ademais o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, así como técnicos deste departamento da Xunta.
Con este plan impulsarase o uso responsable da tecnoloxía e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais coa fin de garantir o benestar emocional na nenez e na adolescencia, traballar na mellora do rendemento escolar e procurar a convivencia equilibrada a prol dun ensino híbrido, isto é, onde convivan en equilibrio o modelo tradicional e o dixital.
Trátase de que os centros conten cun plan que lles permita promover un bo uso e aproveitamento da tecnoloxía entre a comunidade educativa; minimizar o impacto negativo, sobre todo a nivel emocional; practicar a ciberconvivencia, e abordar a influencia de novos escenarios como é a incorporación da Intelixencia Artificial no ámbito educativo. Para iso, estableceranse liñas de acción vencelladas tanto ao profesorado, como aos alumnos, e ás familias. A maiores, tamén se actualizará o Plan de Acción Titorial para reforzar a comunicación e a colaboración entre os titores e as familias e se afondará na figura dos coordinadores de benestar e convivencia dos centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?