Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC abre a preinscrición para os seus dous novos títulos propios de IA e Algoritmos Verdes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC abre a preinscrición para os seus dous novos títulos propios de IA e Algoritmos Verdes

S. P.
Publicado: 21/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Exterior do CITIC da UDC nunha imaxe de Vanessa Rábade
Exterior do CITIC da UDC nunha imaxe de Vanessa Rábade
A Universidade da Coruña ten aberto ata o vindeiro 15 de xuño o prazo de preinscrición para a primeira edición de dous novos títulos propios: o Curso de Experto en Intelixencia Artificial e Algoritmos Verdes, que se desenvolverá entre setembro e decembro de 2025, e a Microcredencial Algoritmos Verdes para a Intelixencia Artificial: Deseño e Implementación, que se desenvolven entre setembro e outubro do mesmo ano.
Tanto o curso de experto como esta primeira microcredencial impártense por primeira vez na Universidade da Coruña. A formación desenvolverase nas instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, no Campus de Elviña.
Curso de Experto
Con 25 créditos ECTS e un total de 625 horas de formación, o Curso de Experto en Intelixencia Artificial e Algoritmos Verdes está especialmente dirixido a profesionais en activo e persoas interesadas en adquirir coñecementos prácticos sobre o desenvolvemento e a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial dende unha perspectiva sostible. O programa será impartido por un equipo docente interdisciplinar formado por persoal investigador da UDC e especialistas de empresas tecnolóxicas líderes, así como de outras universidades.
A formación terá un marcado enfoque práctico, estruturado en módulos que abranguen desde os fundamentos da IA ata a súa aplicación respectuosa co medio ambiente en contornos reais. O alumnado poderá traballar en proxectos colaborativos e resolver retos vinculados á sustentabilidade e á transformación dixital. As clases desenvolveranse os martes, xoves e venres, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Para acceder a este curso, requírese contar con formación universitaria en áreas relacionadas coas TIC ou enxeñerías, así como coñecementos de programación.
Microcredencial
A Microcredencial Algoritmos Verdes para a Intelixencia Artificial: Deseño e Implementación, de 6 créditos ECTS, ofrece unha formación intensiva durante cinco semanas, cun horario de luns e mércores de 16:00 a 20:00 horas. A formación está deseñada para persoas con coñecementos previos de programación que conten, como mínimo, con estudos de Bacharelato, BUP, FPII ou un Ciclo Formativo de Grao Superior.
A microcredencial céntrase na formación práctica e especializada no uso de tecnoloxías punteiras, como CPUs e TPUs, que aceleran o desenvolvemento de modelos de aprendizaxe automática. Ao longo do curso, aprenderanse tamén técnicas para optimizar arquitecturas e algoritmos, favorecendo unha aplicación eficiente e sostible en contornas reais.
A formación está deseñada para dar resposta ás necesidades de diferentes perfís. Desde o ámbito académico, amplía a oferta formativa e impulsa enfoques tecnolóxicos máis respectuosos co medio. No contexto científico, capacita ó persoal investigador para innovar no deseño de modelos de IA eficientes, combinando teoría e práctica. E, desde unha óptica profesional, aborda a crecente demanda de expertos en IA cunha sólida preparación técnica e unha visión clara dos retos da sustentabilidade.
Esta microcredencial forma parte do programa Algoritmos Verdes para a Intelixencia Artificial, unha iniciativa pioneira composta por catro microcredenciais complementarias. Esta é a primeira que se desenvolverá ao longo do curso académico 2025/2026. A realización das catro microcredenciais dará dereito á obtención dun título de Nanomáster, recoñecido pola súa especialización en IA sostible e tecnoloxías verdes.
Con esta nova programación formativa a UDC reflicte o seu compromiso coa formación avanzada, a innovación tecnolóxica e a sustentabilidade ambiental.
Máis información na web da Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes;así como no correo electrónico: cursos.fundacion@udc.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?