Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O filme galego que nos achega ao Castelao máis humano, Antes de nós, preestrouse na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O filme galego que nos achega ao Castelao máis humano, Antes de nós, preestrouse na Coruña

S. P.
Publicado: 21/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

antes_de_nos_castelao.jpgAntes de nós, o filme de Ángeles Huerta e producido por Zenit TV que reflicte a vida do rianxeiro Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao chega este venres 23 de maio aos cinemas. A xeito de anticipo, preestreouse na Coruña, cun encontro co equipo de filmación, unha histórica cinta que nos ofrece un retrato íntimo do artista, escritor e político rianxeiro. Participaron, entre outras/os, a directora Ángeles Huerta, os actores principais da longametraxe (Xoan Fórneas, Cris Iglesias, Nancho Novo e Miguel Insua), e os responsables da produtora Zenit TV, acompañados do conselleiro de Cultura, José López Campos, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ou o director de AGADIC, Jacobo Sutil.
De feito, Antes de nós conta cunha achega de 280.000€ da Xunta a través da súa liña de axudas á produción e que se encadra nas accións impulsadas polo Goberno galego para celebrar o Ano Castelao, xa que xira ao redor da figura do intelectual homenaxeado neste 2025 polo 75 aniversario do seu pasamento.
Segundo salientou o conselleiro con este proxecto “ponse en valor un dos nosos referentes históricos a través dun filme que foi rodado en Galicia, nos lugares da súa vida e cun reparto de intérpretes galegos”. Así, destacou, “é para estar orgulloso que a fortaleza da que goza actualmente a nosa industria audiovisual, apoiada sempre desde a Administración, se poña a disposición tamén da difusión da nosa cultura e afonde nas figuras que forxaron a nosa identidade”, puntualizando que “ademais da súa traxectoria máis relevante, nos achega a outras facetas menos coñecidas de Castelao”.
López Campos lembrou que tivo a oportunidade de asistir hai uns meses á gravación en Pontevedra dalgunhas escenas da película, xunto coa súa produtora executiva, Zaza Ceballos, quen foi recoñecida o ano pasado cunha das Medallas de Ouro de Galicia. Nesta liña, resaltou “a implicación da produtora galega cos nosos persoeiros ilustres como fixo xa antes de Castelao con Juana de Vega, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán”.
Amais, o conselleiro salientou “o protagonismo do audiovisual” na programación do Ano Castelao, sumando a esta produción a realización dos documentais Consello de Galiza, o goberno galego no exilio e Castelao. De chumbo a verba. Ademais, na Cidade da Cultura poderase gozar nas vindeiras semanas dunha experiencia inmersiva “que permitirá interactuar cunha recreación virtual do escritor e facer un percorrido pola súa traxectoria”.
Rodaxe en Galicia
antes_de_nos_castelao_2.jpg A longametraxe céntrase en dous momentos pouco coñecidos, pero claves tanto na vida persoal de Castelao como na xestación da súa figura simbólica para Galicia. A partir do guión de Pepe Coira, nárrase o seu exercicio como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe que realizou a Bretaña en 1929, acompañado pola súa muller, Virxinia Pereira, tras a perda do seu único fillo. Así, afóndase nas emocións e nas circunstancias vitais de Castelao antes de se converter no referente histórico que coñecemos na actualidade.
O filme rodouse nunha decena de concellos galegos. Ademais de Pontevedra e Rianxo, os lugares escollidos pola relevancia na vida do persoeiro localizáronse en Santiago de Compostela, Muros, Fisterra, Catoira, A Estrada, Silleda ou Negreira. Ademais, a película conta cun reparto de actores e actrices galegas, encabezado por Xoán Fórneas, no papel do intelectual rianxeiro, e Cris Iglesias, no da súa dona. Complétano Nancho Novo, Xoel Fernández, Miquel Insua, Sergio Zearreta, Isabel Vallejo ou Adrián Ríos.
Zenit TV produce Antes de nós con Retrincos AIE que, ademais do financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, conta tamén coa participación da Televisión de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?