Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos chegan á súa terceira edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Os Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos chegan á súa terceira edición

Marcus Fernández
Publicado: 21/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_etiv-uvigo_2025.jpgA vindeira semana o Centro Comercial Vialia de Vigo converterase no escenario da gala de entrega da III edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, unha iniciativa impulsada polo Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) e polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), en colaboración co grupo de investigación TI4 Tradución & Paratradución.
Estes galardóns, que recoñecen a excelencia no eido da localización de videoxogos, naceron no seo do título propio ETIV, que xa vai pola súa oitava edición. Ao longo dos anos, o programa converteuse nun punto de encontro para estudantes de toda Galicia, doutras comunidades do Estado e mesmo doutros países, procedentes tanto da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo como doutras titulacións vencelladas ao mundo da tradución e a industria dos videoxogos.
premios_eitv_uvigo_trivial_2025.jpg A gala, que terá lugar o día 30 ás 19:00, contará coa participación de representantes institucionais, académicos e profesionais do sector, nun acto que busca tamén fortalecer os lazos entre o ámbito universitario e a industria do videoxogo.
Os premios que se entregarán corresponderanse ás categorías de mellor localización dun xogo independente, xogo máis accesible, mellor xogo en éuscaro, mellor xogo en catalán, mellor xogo en galego, mellor localización de xogo sen dobraxe e mellor localización de xogo con dobraxe, podendo consultarse os candidatos de cada categoría na páxina web dos premios.
Como antesala do evento, ás 18.00 desenvolverase unha actividade aberta ao público: un trivial interactivo con formato lúdico e dinámico no que se repartirán numerosos agasallos entre os asistentes. Un xeito entretido de introducir ao público na riqueza lingüística e cultural da tradución de videoxogos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA 6 bate en España o récord histórico de lanzamentos físicos de videoxogos, malia venderse sen disco

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI non consegue zafarse da piratería en PS5

26/11/2026
VIDEOXOGOS

O videoxogo galego Portalén poderá probarse na feira Culturgal

26/11/2026
VIDEOXOGOS

Camino Kaput chega a Android e iOS antes de presentarse no Culturgal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?