Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TrustED, coordinado por Gradiant, avanza no desenvolvemento da identidade soberana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TrustED, coordinado por Gradiant, avanza no desenvolvemento da identidade soberana

S. P.
Publicado: 21/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

trusted-f2f-estambul-privacidad-digital.jpgO proxecto TrustED, coordinado polo Centro Tecnolóxico Gradiant, con sede en Vigo, deu importantes avances no desenvolvemento de identidade soberana e mellora da privacidade dixital europea. O centro galego coordina esta alianza europea e lidera o desenvolvemento de tecnoloxías que garantan a seguridade e privacidade da identidade dixital. Os 10 socios europeos de TrustED reuníronse os días pasados en Istambul para avaliar os primeiros 6 meses de traballo e trazar a folla de roteiro dos seguintes.
Os 10 socios europeos de TrustED (Enabling Trustworthy European Data Spaces through Self-Sovereign Identity and Privacy Preserving Technologies) xuntáronse en Istambul por primeira vez de forma presencial desde o arranque do proxecto para avaliar os primeiros 6 meses de traballo e trazar a folla de roteiro das seguintes fases.
Esta alianza europea, liderada por Gradiant, está enfocada ao fortalecemento dos protocolos de protección de datos. O centro tecnolóxico galego asume un papel fundamental no desenvolvemento de tecnoloxías que garanten a seguridade e privacidade da identidade dixital, impulsando un ecosistema que promove a confianza no intercambio de datos.
O papel de Gradiant consiste en desenvolver o deseño e prototipado de mecanismos de identidade soberana, así como o deseño e desenvolvemento de tecnoloxías para preservar a privacidade dos individuos no intercambio de datos persoais nos espazos de datos.
TrustED estrutúrase en tres bloques tecnolóxicos interrelacionados: a identidade dixital descentralizada, as técnicas de mellora de privacidade e os espazos de datos, co propósito de xerar servizos que fortalezan a seguridade e a confianza na contorna dixital. “O obxectivo é reforzar a seguridade e a privacidade nos espazos de datos para facilitar a súa adopción xeneralizada. Por unha banda, desenvolvemos sistemas de identidade dixital aliñados co novo regulamento eIDAS v2, o que garante que os datos persoais estean baixo o control dos seus verdadeiros propietarios: os propios usuarios; e doutra banda, investigamos a aplicación de mecanismos avanzados de privacidade que permitan o intercambio de datos sensibles entre os participantes dos espazos de datos, con plenas garantías de seguridade e respecto á privacidade”, explicou Jaime Loureiro Acuña, coordinador técnico do proxecto e responsable de Seguridade Avanzada do Dato en Gradiant.
O centro tecnolóxico vigués engade que TrustED busca “establecer un marco fiable e seguro para o acceso aos espazos de datos, permitindo a creación dun ecosistema de confianza para o intercambio de información e coñecemento”. Este ecosistema, sinala Gradiant, constrúese a través da aprendizaxe federada, unha estratexia que permite a diferentes entidades colaborar na creación de modelos de IA sen comprometer a privacidade dos datos. “Grazas á aprendizaxe federada poderemos adestrar un modelo de Intelixencia Artificial utilizando datos de diferentes entidades, como por exemplo hospitais, sen que eses datos teñan que abandonar a infraestrutura das entidades en ningún momento; o reto consiste en atopar un punto óptimo entre privacidade, precisión do modelo e o tempo necesario para o seu adestramento”, engade Loureiro.
Os socios españois de TrustED son Gradiant (líder do proxecto), Tree Technology e Fundación Cibervoluntarios. Con eles traballan: Infocert SPA e Cybersocial Lab de Italia; Fraunhofer, a través de dous departamentos diferentes: AISEC e ISST, de Alemaña; Promptly e Centro Hospitalar Universitario de Coimbra de Portugal; SESTEK de Turquía; e Fondazione Mondo Digitale (entidade asociada) de Italia.
Con case 4 millóns de euros de financiamento, no marco do programa Horizonte Europa da Comisión Europea, TrustED involucra a un equipo multidisciplinario, conformado por expertos en tecnoloxía, privacidade e seguridade, quen traballa en estreita colaboración para alcanzar os obxectivos expostos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?