Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Alén Space anuncia o lanzamento do seu satélite SATMAR para mellorar a comunicación marítima
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Alén Space anuncia o lanzamento do seu satélite SATMAR para mellorar a comunicación marítima

S. P.
Publicado: 22/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

satmar-satellite-1.jpg A empresa galega Alén Space, con sede en Nigrán (Pontevedra), centrada no deseño, fabricación e operación de pequenos satélites para todo tipo de aplicacións está de actualidade, pois vén de anunciar o lanzamento de SATMAR, un nanosatélite 6Ou que chega con vontade de revolucionar dixitalmente o sector marítimo.
Indo ao feito en cuestión, o despregadura do satélite está previsto para o vindeiro 21 de xuño, a bordo dun foguete Falcon 9 de SpaceX, no marco da misión Transporter-14, que partirá desde a Base da Forza Espacial de Vandenberg, en California (Estados Unidos).
Dicir que o proxecto conta coa participación de Egatel e o financiamento de Ports 4.0, unha iniciativa de innovación de Portos do Estado e Autoridades Portuarias Españolas, que vai á procura de promover a transformación dixital do eido marítimo mediante o financiamento de proxectos disruptivos con potencial de aplicación práctica en contornas portuarias.
satmar-satellite-2.jpg Cómpre subliñar que a meta primeira de SATMAR é demostrar nun escenario real a viabilidade do novo estándar VDES (VHF Data Exchange System), chamado a substituír nas comunicacións marítimas ao actual sistema AIS (Automatic Identification System). Noutras palabras, esta nova tecnoloxía permite a transmisión de información bidireccional a través de satélite na banda VHF e é unha solución para os actuais problemas de saturación de redes que afectan ás comunicacións navais, traducíndose en melloras significativas nas operacións portuarias e na eficiencia, seguridade e sostibilidade do tráfico marítimo global.
O satélite, que operará sobre España e as súas augas circundantes, actuará como un banco de probas en órbita para validar distintos casos de uso dos estándares AIS e VDES, en colaboración coa Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras e con empresas relacionadas co sector marítimo español, como Oritia & Boreas.
En canto á misión, sinalar que prevé demostrar distintas capacidades desta tecnoloxía chamada a transformar as comunicacións marítimas, como a transmisión de sinais VDES, a recepción de VDES e AIS, o mantemento da conectividade das embarcacións mesmo a grandes distancias da costa, a mellora na estimación de tempos de chegada, a emisión de alertas de seguridade marítima e o envío de información cifrada.
Segundo Guillermo Lamelas, CEO de Alén Space: “Estamos orgullosos de liderar un proxecto tan pioneiro como SATMAR”, explica, “porque é unha tecnoloxía que vai ter un impacto real no tráfico marítimo global. O estándar VDES vai ser unha revolución para o sector, porque permitirá dixitalizar as comunicacións marítimas, ofrecer novos servizos e aumentar a seguridade e eficiencia das operacións portuarias e das propias embarcacións”.
Amais do seu propósito principal, SATMAR achega unha carga útil secundaria de monitorización do especto que o converte nun verdadeiro laboratorio en órbita de radio definida por software (SDR). O satélite probará distintas tecnoloxías innovadoras para comunicacións de alta velocidade en banda S, así como para a monitorización e detección de interferencias de radiofrecuencia (RF) en bandas VHF, L e S. As cargas útiles foron deseñadas para permitir a súa reconfiguración en órbita de xeito remoto, o que fará máis doada a adaptación das probas a medida que avance a misión. SATMAR supón a continuación natural do proxecto SHIPMATE (Satellite Hybrid Information Protocol for MAritime TElecommunications), desenvolvido previamente por Alén Space eEgatel en colaboración con Gradiant, e afianza o camiño cara á dixitalización das comunicacións marítimas desde o espazo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?