Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia pon en marcha a primeira experiencia de FP Dual multiempresa na Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia pon en marcha a primeira experiencia de FP Dual multiempresa na Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 22/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cluster_tic_fp_dual_2.jpgO Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, está a executar na Cidade das TIC (na antiga Fábrica de Armas da Coruña agora convertida en polo de coñecemento e emprendemento tecnolóxico-dixital) un programa piloto de FP Dual multiempresa co obxectivo de “favorecer a incorporación fluída do alumnado nas empresas do sector tecnolóxico”.
Ata o 31 de xullo, as e os 16 estudantes do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma do IES Fernando Wirtz da Coruña (unha das titulacións con maior taxa de inserción laboral, segundo o Observatorio das Ocupacións do SEPE), recibirán capacitación técnica no Centro de Servizos Avanzados a través de titores do propio Clúster TIC Galicia, de empresas asociadas e do Campus Dual TIC, unha das iniciativas da entidade para formar talento.
O Clúster explica que este modelo experimental de FP Dual multiempresa busca dar resposta á dificultade que supón a integración do alumnado de primeiro curso nas firmas tecnolóxicas. “Cando se incorporan a unha compañía, os estudantes demandan moita atención, e iso dificulta a súa inserción, sobre todo, nas pemes”, sinala Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, engadindo que “para paliar este problema, o Clúster está a asumir a etapa preliminar da súa formación práctica, na que teñen que realizar un proxecto real de desenvolvemento TIC”. Nunha segunda fase contémplase a súa incorporación a empresas socias como Aldaba, Cinfo, Macrotest, Plexus Tech ou Luckia, e outras entidades como Texas Controls e o Club de Tenis da Coruña, onde adquirirán experiencia complementaria nunha contorna profesional TIC.
cluster_tic_fp_dual.jpg “Todos estamos de acordo en que hai que mudar cara modelos de aprendizaxe hands-on, nos que o alumnado aprenda facendo. O reto das TIC está en preparar ao estudante de forma que poida asumir tarefas sinxelas sen interferir na dinámica da empresa, que opera nunha contorna ultracompetitiva e tecnoloxicamente moito máis complexa ca aquela coa que está familiarizado o alumno durante a súa formación en FP”, sinala del Corral.
O presidente do Clúster considera que “para reducir riscos e incrementar o atractivo da FP Dual para as pemes, o obxectivo é crear unha escola hands-on no sector TIC, onde a formación teórica dos centros educativos se complemente cunha experiencia práctica real nunha contorna como a que ofrece o Clúster antes de incorporarse á contorna empresarial”.
Con esta fórmula, o alumnado capacítase desde o primeiro ano, ademais de cotizar á Seguridade Social durante toda a súa estadía práctica. As compañías asumen o 46% das horas da formación curricular -920 en total- contribuíndo á preparación integral dos futuros técnicos superiores en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?