Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPR Montecastelo de Vigo gaña a IV Liga Maker Drone
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPR Montecastelo de Vigo gaña a IV Liga Maker Drone

S. P.
Publicado: 22/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

liga_maker_drone_itg__y5a1182.jpgFinalmente xa temos o palmarés da IV Liga Maker Drone organizada pola Fundación Barrié o Instituto Tecnolóxico de Galicia, que propuxo aos novos talentos aeronáuticos galegos o reto de deseñar, programar e voar un sistema sobre un dron para o transporte inmediato de medicinas a contornas rurais ou de difícil acceso. Ese foi o desafío que tiveron que superar os máis de 180 estudantes participantes. A xornada final de exhibición e gran final celebrouse na mañá deste xoves 22 de maio na Coruña, contando coa asistencia de máis de 1.000 estudantes como espectadores.
Dos 18 centros escolares das catro provincias que competiron para mostrar as solucións que desenvolveron para responder o reto da liga, o que se alzou como equipo gañador do torneo foi o CPR Montecastelo, de Vigo, por conseguir levar a cabo a misión no menor tempo. O premio foi entregado por Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Pilar Romero Vázquez-Gulías, presidenta da Fundación Barrié; e Antonio Couceiro, presidente de ITG.
liga_maker_drone_itg_y5a0130.jpgAdemais, houbo outros catro equipos cuxa labor foi recoñecida: O CPR Eduardo Pondal, de Cangas, recibiu o premio ao mellor deseño; IES Fin do Camiño, de Fisterra, obtivo un recoñecemento por presentar a solución máis disruptiva; IES Carlos Casares, de Vigo, conseguiu o premio á destreza en voo; e o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, o premio á mellor presentación.
Así, ao longo da mañá, os máis de 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) demostraron as competencias e habilidades STEM (das siglas en inglés Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) adquiridas ao longo do curso escolar grazas á súa participación en a Liga Maker Drone, unha iniciativa que ten como fin último “o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas das novas xeracións”.
liga_maker_drone_itg__y5a1162.jpgE é que, tras recibir a formación específica impartida en cada un dos centros, os equipos participantes tiveron que idear, deseñar e programar unha solución dron para o transporte de medicinas a contornas rurais ou de difícil acceso no menor tempo posible. Para iso, a cada un dos centros facilitóuselle un vehículo aéreo non tripulado, formación e orientación por parte da organización. Desta volta, os colexios participantes deberon ter en conta á hora de deseñar a súa solución a dificultade engadida de entregar diferentes tipos de medicinas a centros médicos (simulados) situados en distintas localizacións. Ou sexa, requiríase que cada punto de entrega recibise un tipo de medicina concreta e, para iso, o dron, que simulaba partir desde un hospital, debía depositar a medicina idónea en cada centro médico.
Trátase de dar solución a unha situación que pronto veremos na vida real: a loxística sanitaria mediante este tipo de vehículos aéreos. Ademais, nesta edición, introducíronse dúas novidades técnicas na competición: por unha banda, o escenario no que se situaban os puntos de entrega estaba nun plano inclinado, o que requiriu dunha maior pericia por parte dos pilotos do dron, e, doutra banda, había un incentivo para voar máis alto, xa que as “medicinas” depositadas correctamente na parte superior outorgaban máis puntos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?