Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un cento de profesionais afondan na UVigo nos principais retos da IA no sector loxístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un cento de profesionais afondan na UVigo nos principais retos da IA no sector loxístico

S. P.
Publicado: 22/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_ia_loxistico1.jpgAté 120 profesionais participaron este martes 20 de maio no XXXI Seminario de Loxística, un encontro profesional que cada primavera reúne na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a un destacado número de profesionais que abordan neste encontro os principais retos e oportunidades aos que se enfronta un sector marcado pola chegada das tecnoloxías disruptivas que redefinen as dinámicas tradicionais, entre elas, a Intelixencia Artificial, en palabras dos asistentes e organizadores “unha grande aliada á hora de optimizar procesos e responder ás exixencias dun mercado cada vez máis áxil e globalizado”.
Déronlles a benvida o responsable das xornadas, o catedrático José Carlos Prado, xunto ao director da escola, José Fariña, quen salientou a importancia de celebrar este tipo de encontros profesionais no centro, “xa que nos fan visibles na contorna empresarial e industrial, que é tamén un dos nosos obxectivos como centros”.
A través de diferentes relatorios as xornadas deixaron claro que “a IA non é unha promesa de futuro, senón unha realidade do día a dia das persoas que traballan en loxística”, explicou Prado.
Contouse coa participación de destacados especialistas nesta materia. Os primeiros en intervir foron Antonio Hernández e Catalina Losada, de Serveo, multinacional de servizos, “con actividade sobre todo en España e Portugal, con máis de 60.000 empregados, 2.000 millóns de euros de facturación e presenza en case todos os sectores da vida diaria, desde servizos de xestión a bordo do AVE ata traballos para as universidades ou supervisión de torres de control, entre elas a do aeroporto de Vigo”, explicou Hernández. Na súa charla expuxeron diferentes exemplos de innovación na Unidade de Intelixencia de Procesos desta empresa, facendo mención non só a IA, senón tamén a outras moitas cuestións: vehículos autónomos, xeolocalización, programas de baixo custe…
Nos casos prácticos fixo tamén fincapé o docente da Área de Matemática Aplicada da Universidade de Vigo Javier Martínez Torres, recoñecido divulgador no eido da IA, a computación cloud e o almacenamento de datos na nube. Martínez Torres buscou coa súa intervención facer conscientes ás persoas asistentes de que a IA está omnipresente no mundo empresarial. “Todo o mundo busca en PDF, todos procuramos información, todos cubrimos follas de Excel… A IA impacta na administración, nos recursos humanos, na xestión de recursos e, en xeral, en absolutamente todas as áreas dun negocio”. Desde o seu punto de vista, o principal reto “é que a xente teña ordenada a súa casa a nivel de datos, o que non é doado nunha empresa”, dada a cantidade de cuestións que se manexan. A continuación, resulta básico que o responsable da firma “crea nisto e sexa un visionario, no senso de que sexa consciente de que é algo que aforra moito tempo e ten un retorno moi inmediato”. A partir de aí, trátase de empezar a probar “a mellor maneira de decatarse de que son ferramentas que se xustifican solas e que se poden empregar en moitísimos casos de uso”.
Á pregunta de como se atopa Galicia en canto á implantación da IA, Martínez Torres ten claro que a situación é boa, “non en van a AESIA, que é a policía da IA, ten sede na Coruña, por algo será, sobre todo se temos en conta que somos o primeiro país de Europa que a ten; ademais, as universidades teñen moito talento de IA e nas empresas hai tamén un polo importante”.
As xornadas, que remataron cun xantar na Cidade Universitaria, incluíron tamén a participación de David Silveira, de Oia global, multinacional americana experta en servizos loxísticos para múltiples sectores, e de Pedro Amorim, profesor da Universidade do Porto e socio en LTPlabs, experto no mundo da loxística do comercio electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?