Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Roland-Garros 2025, ao completo e en directo con Eurosport, en R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Roland-Garros 2025, ao completo e en directo con Eurosport, en R

S. P.
Publicado: 23/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rg_eurosport4k_1920x1080.jpgA operadora galega R informou este venres 23 que coincidindo coa recta final do Giro de Italia, os clientes de TV Total da empresa con sede na Coruña, ofrecida por Agile TV, poderán gozar de novo, “integramente e coa máxima calidade de imaxe”, da 124ª edición do torneo Roland Garros, que emite ao completo e en directo Eurosport.
R lembra deste xeito que “dende o domingo 25 de maio e ata o 8 de xuño o Grand Slam parisiense marcará o inicio dunha nova era en 2025, xa que, por primeira vez en 20 anos, non contará coa súa lenda indiscutible: Rafa Nadal, 14 veces campión na Philippe Chatrier”. O vixente campión, Carlos Alcaraz, quere escribir a súa propia historia e buscará revalidar título en París. En fronte terá un Novak Djokovic en busca da súa 25o major, Jannik Sinner, número un do mundo, o alemán Alexander Zverev, finalista en 2024, ou clásicos da terra batida como Casper Ruud ou Stefanos Tsitsipas.
No cadro feminino, Iga Swiatek busca tamén facer historia co seu quinto título en París, pero terá que baterse coa número un do mundo, Aryna Sabalenka, e con outras candidatas ao título como Mira Andreeva, Coco Gauff, Jessica Pegula ou Madison Keys. Ademais, Paula Badosa, pola súa banda, tentará volver á súa mellor versión malia os seus problemas físicos.
Ademais, o equipo de expertos de Eurosport analizará igualmente a diario todo o que aconteza sobre a terra batida de París no espazo Pasando Bolas.
Ultra alta definición e multidispositivo con R
roland_garros_gettyimages-476077442.jpg Grazas á diferenciación que proporciona a tecnoloxía 4K combinada coa calidade da rede de R os afeccionados ao tenis do operador galego que teñan contratada a TV Total poderán gozar, sen custo adicional, dos mellores partidos de cada xornada en directo, con calidade de ultra alta definición en Eurosport 4K (dial 112) e seguir cada minuto do torneo dende as pistas de Roland Garros en exclusiva a través de Eurosport 1 e máis Eurosport 2 (diais 110 e 111).
O resto de afeccionados ao tenis de R (opción TV Ocio) tamén poderán ver os partidos en Eurosport 1 (dial 110), canle convidada de R este mes.
Ata en 5 dispositivos será posible gozar do aberto francés, e os fans do tenis de R terán ademais a opción de repetir unha e outra vez os seus momentos máis emocionantes grazas a funcionalidades como gravación, rebobina (reiniciar un programa xa empezado) ou últimos 7 días (acceso a programación emitida durante a última semana), dispoñibles nas canles de Eurosport en R.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?