Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta o novo sistema para realizar a matrícula escolar a través do móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta o novo sistema para realizar a matrícula escolar a través do móbil

S. P.
Publicado: 27/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mobil_usuaria-2.jpgA Xunta presentou este 27 de maio os detalles e o funcionamento do novo sistema de matrícula escolar a través do teléfono móbil, que as familias galegas poderán empregar xa en canto se abra o prazo para inscribir aos seus fillos nos colexios e institutos para o vindeiro curso 2025-26.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, e pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa (AMTEGA), Judith Fernández, deu conta desta nova vía de matrícula que, segundo indicou, “súmase as xa existentes ata o de agora e que completa a posibilidade de facer todo o proceso de admisión de xeito telemático”.
Román Rodríguez subliñou que “esta nova fórmula non só beneficia ás familias, senón tamén aos procesos administrativos nos centros escolares na medida en que contribuirá a reducir a súa carga de traballo e facilitar a xestión interna”.
Indicou o conselleiro que o proceso, que foi desenvolvido pola AMTEGA, “é sinxelo e accesible a través de calquera navegador de internet ou de dispositivos móbiles, o que dá máis facilidades ás familias á hora de completar o proceso de matrícula dos seus fillos para todas as etapas educativas, desde Infantil ata Bacharelato e FP”.
Pola súa banda, o xerente de Proxectos-Desenvolvemento de Educación da AMTEGA, Pedro Barreiro, foi o encargado de explicar a cuestións técnicas desta nova funcionalidade de matrícula en liña. Segundo dixo, as familias poderán acceder a través da plataforma AdmisionAlumnado, onde se autentificarán con certificado dixital ou Chave 365. Unha vez autentificados, poderán premer na icona de matrícula onde xa aparecen precargados os datos persoais dos pais ou titores e dos alumnos, que estarán en disposición de actualizar ou modificar en caso de erro. Amais, nesta plataforma, as familias poderán xa seleccionar as materias optativas do curso correspondente.
Segundo indicou, unha das funcionalidades máis innovadoras consiste en que é posible adxuntar en liña todos os documentos requiridos que ata o de agora había que achegar fisicamente ao centro educativo: fotocopia de DNI e de tarxeta sanitaria, fotografías do alumno, autorizacións e permisos debidamente cubertos (como de toma de imaxes, saídas do centro escolar…) ou xustificante do pago do seguro escolar, entre outros.
Ao final da operación, xérase un código de instancia de matrícula e un documento en PDF como xustificante que asegura que o trámite se completou correctamente e, ademais, as familias poden consultar cando desexen.
Pola súa banda, Judith Fernández explicou que as familias con fillos xa escolarizados poderán acceder a este novo sistema a través dunha ligazón dispoñible na aplicación Abalar Móbil. No caso das familias de nova incorporación, recibirán a información a través dos centros escolares onde foron admitidos os seus fillos, posto que aínda non están dentro do sistema Abalar.
O proceso tamén estará operativo desde o Portal Educativo.
Por certo que o prazo para a formalización de matrícula nos centros escolares para o vindeiro curso é do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?