Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto ata o 20 de xuño o prazo de inscrición do concurso de edición da Galipedia impulsado pola USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto ata o 20 de xuño o prazo de inscrición do concurso de edición da Galipedia impulsado pola USC

S. P.
Publicado: 27/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Imaxe de Santi Alvite (USC)
Imaxe de Santi Alvite (USC)
As comisións de Normalización Lingüística das facultades de Matemáticas, Psicoloxía, Enfermaría e Humanidades da USC, xunto á Escola Técnica Superior de Enxeñaría, promoven o Concurso de edición da Galipedia, iniciativa coa que se pretende dar pulo á produción e á difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia (a Wikipedia en galego) e fomentar a participación de toda a comunidade universitaria nunha iniciativa de extensión do saber e do coñecemento no idioma propio da USC.
As persoas interesadas en participar, membros da comunidade universitaria da USC no curso académico 2024/2025, deben formalizar a súa inscrición antes do 20 de xuño a través do formulario electrónico habilitado.
Os obxectivos da segunda edición deste concurso son “promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia e fomentar a participación da comunidade universitaria nunha iniciativa orientada á promoción da lingua galega e da cultura”.
Teranse en conta as edicións feitas dende o 1 de xuño de 2025 ata o 20 de setembro. O certame consiste en editar na Galipedia un artigo ou un conxunto de artigos, ben creándoos de novo, ben mellorando de forma significativa algúns xa existentes.
Esas edicións deben realizarse como persoas usuarias rexistradas na Galipedia, para que as contribucións individuais de cada participante sexan identificables. Antes do 20 de setembro, deben presentarse estas edicións ao concurso tal e como se establece na convocatoria.
Os artigos, redactados en lingua galega, deberán encadrarse en calquera das cinco seguintes áreas de coñecemento: Psicoloxía, Matemáticas; Enxeñarías química, ambiental e informática, e intelixencia artificial; Enfermaría, e Patrimonio cultural galego. Unha mesma persoa autora poderá presentar a concurso artigos vinculados a unha ou a varias áreas de coñecemento. Concederanse dez premios, dous por área de coñecemento, de tal xeito que en cada eido haberá un primeiro galardón de 350 euros e un segundo de 150.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?