Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os biomarcadores do cancro con IA e a autenticación sen contrasinais centraron os novos Almorzos TIC Talk
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os biomarcadores do cancro con IA e a autenticación sen contrasinais centraron os novos Almorzos TIC Talk

S. P.
Publicado: 27/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_tic_talk_falaz-naz-y-publico-scaled.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña organizou unha nova edición dos seus Almorzos TIC Talk, un espazo onde o persoal investigador comparte avances innovadores nun formato próximo e dinámico.
Desta volta, Falak Naz e Martiño Rivera Dourado presentaron as súas investigacións sobre biomarcadores oncolóxicos mediante intelixencia de datos e autenticación sen contrasinais en redes, respectivamente. O evento, que combina ciencia, tecnoloxía e networking, tivo lugar este martes, 27 de maio, no CITIC da UDC.
Aplicación da IA para identificar patróns
A medicina de precisión avanza cara a un enfoque máis integral do cancro, pero, segundo o CITIC, “aínda existe unha brecha entre os datos xenómicos e proteómicos”. A investigadora Falak Naz analizou na súa charla como a súa investigación aplica técnicas de Intelixencia Artificial e análise multiómico para identificar patróns ocultos en tumores, combinando datos de proteínas, xenes e epixenética. O seu traballo podería acelerar o desenvolvemento de terapias personalizadas e diagnósticos máis precisos.
Passkeys e o futuro da autenticación en redes
citic_tic_talk_martino-rivera-1024x683.jpg Os contrasinais son un elo débil en ciberseguridade, pero alternativas como as passkeys (claves de acceso FIDO2) prometen maior seguridade e usabilidade. Martiño Rivera falou de como adaptar esta tecnoloxía a redes Wi-fi e cableadas, eliminando vulnerabilidades. A súa investigación expón un cambio de paradigma en como accedemos a sistemas críticos, desde hospitais ata infraestruturas empresariais.
Os almorzos TIC Talk do CITIC son unha iniciativa que promove a transferencia de coñecemento en TIC a través de charlas breves e accesibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?