Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado advirte de que a IA e as redes sociais están a disparar as ciberestafas amorosas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado advirte de que a IA e as redes sociais están a disparar as ciberestafas amorosas

S. P.
Publicado: 27/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

noelia_montero-pintos_y_salgado-1_1_-2.jpgBotar luz sobre as ciberestafas levadas a cabo empregando ganchos de amizade e amor é o cometido do máis recente informe do bufete galego Pintos & Salgado, que vén de compartir as conclusións do mesmo co obxectivo de aprendernos a identificar estas prácticas de romance scam e a protexernos delas. Segundo explican, “aínda que existen desde o nacemento da Internet, as denominadas como estafas do amor estanse a profesionalizar coas facilidades que proporcionan as redes sociais ou a Intelixencia Artificial (IA)”. Así nolo conta Noelia Montero, avogada especialista en protección de datos de Pintos & Salgado.
Contexto
É un dos ciberdelitos con maior singularidade: o seu impacto nas vítimas non é só económico, senón tamén emocional. As denominadas como romance scam ou estafas do amor convertéronse nunha das prácticas que máis se profesionalizaron da man da tecnoloxía dixital, coas redes sociais e a xeración de contidos falsos que permite a IA, e, segundo advirte Noelia Montero, “estamos a falar dun tipo de delito dixital que se constrúe a longo prazo; primeiro xérase un vínculo para gañarse a confianza e despois, aproveitando o factor emocional, o estafador empeza a pedir diñeiro á vítima”. Para Montero, as estafas do amor, que xorden normalmente a través de interaccións en redes sociais ou aplicacións de citas beneficiándose de perfís falsos, parten dunha “profesionalización cada vez maior, con organizacións ou ciberdelincuentes que utilizan técnicas complexas no tecnolóxico e moi realistas no psicolóxico”.
E fano cun obxectivo claro: conseguir que a vítima leve a conversación fóra da plataforma dixital, logrando que a actividade sexa desenvolvida sen a supervisión e protección da aplicación.
fotografia_de_arquivo-autoria_de_marek-studzinski.jpgDe facto, trátase dun acto delituoso baseado no que desde Pintos & Salgado conceptualizan como “enxeñería emocional”, un conxunto de técnicas que empregan dinámicas semellantes ás das seitas para convencer totalmente ás persoas de que, no caso das romance scam, están a manter unha relación amorosa real e sólida.
Montero explica que as propias estruturas de ciberestafadores, en ocasións organizados baixo mafias, “rastrexan perfís vulnerables, con pouco manexo das redes sociais, apenas coñecemento en tecnoloxía dixital e cunha situación delicada no persoal”. Así incrementan, polo tanto, as posibilidades de enganar emocionalmente.
Como se detecta unha estafa do amor?
Aínda que se amparen en perfís virtuais falsos, Noelia Montero secuencia as pistas que axudan a discernir se se trata dunha romance scam. “Debemos fixarnos primeiro nas súas reticencias á hora de manter un encontro en persoa ou mesmo facer videochamadas; o ciberestafador sempre pon escusas de maneira reiterada no tempo, ou promete encontros futuros que nunca chegan a suceder”, remarca a avogada especialista.
“Iso si, estes comportamentos teñen as súas consecuencias na vítima: xérase un sentimento de culpabilidade e pode chegar a desatender as súas propias necesidades”, continúa Montero, engadindo que “tamén é moi común que o estafador empece solicitando cantidades de diñeiro baixas, e aos poucos aumente o seu volume, pero só cando haxa unha relación xa forxada, nunca ao comezo”.
fotografia_de_arquivo-autoria_de_osman-rana.jpgAdemais, o ciberestafador artella unha historia persoal falsa baseada en problemas médicos seus ou de familiares, ou algún outro problema de superación que tente xerar empatía na vítima, e cando se lanza a pedir o ingreso monetario, resulta “moi específico no método para facer a transferencia”, detallándoo paso a paso.
Existen de igual maneira catro grandes pautas que contribúen a identificar os perfís falsos: presentan moi poucas fotografías no seu perfil; non contan con apenas amigos, seguidores e actividade semanal dentro da rede social; non viven nin traballan preto das vítimas, incorporando escusas que xustifiquen esa distancia (desde viaxar moito por causas laborais a atoparse no estranxeiro) e, finalmente, presentan imaxes de perfil excesivamente atractivas, con instantáneas de modelos ou actores.
“É importante entender que unha estafa así xera unha consecuencia dobre, coa perda do diñeiro desde o punto de vista material, pero tamén coa dor emocional de sentirse enganado. Para a vítima a perda é grande, porque se pensaba que o vínculo era totalmente real”, lembra Montero, sinalando que “o primeiro paso oriéntase ao acompañamento e apoio cara á persoa afectada, mantendo a calma e evitando revictimizarla; despois, é esencial cortar totalmente o contacto co usuario en canto se detecta a ciberestafa, ademais de recompilar todas as probas existentes do suceso”. Logo debemos denunciar os feitos e informar á entidade bancaria para minimizar o dano económico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?