Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo faise coa acreditación de Destino Turístico Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo faise coa acreditación de Destino Turístico Intelixente

S. P.
Publicado: 28/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_destino_turistico_intelixente.jpg Un modelo de turismo sostible, innovador e accesible é o obxectivo do Concello de Lugo, meta na que está traballar e así o veñen de recoñecer por parte da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), dependente da Secretaría de Estado de Turismo. Logo de avaliar ao Concello de Lugo, o informe da SEGITTUR acredítao como Destino Turístico Intelixente Adherido.
Indo ao diagnóstico, baseado na análise de 261 indicadores e 97 requisitos vinculados aos eixes de goberno, innovación, tecnoloxía, sostibilidade e accesibilidade, proporciona ao Concello unha folla de ruta clara para avanzar na implantación do modelo DTI. Isto fai que Lugo se una a un senlleiro grupo de destinos turísticos que apostan por unha xestión moderna, transversal e baseada na mellora continua.
A delegación de SEGITTUR levou a cabo unha visita técnica para coñecer de primeira man os principais recursos turísticos do municipio e avaliar aspectos como a accesibilidade, a dixitalización e a sostibilidade do destino. A colaboración entre as distintas áreas municipais e os axentes privados foi clave para completar con éxito esta fase de diagnóstico.
Segundo o rexedor, Miguel Fernández: “este recoñecemento é unha mostra do bo traballo que estamos a facer para transformar Lugo nun destino máis intelixente, máis sostible e mellor preparado para os retos do turismo do futuro”. Engadiu que “o modelo DTI permítenos avanzar cara a unha xestión máis eficiente e participativa, que mellora a experiencia de quen nos visita e a calidade de vida de quen vive aquí”. Fernández sinalou que “Lugo está a dar pasos firmes para consolidarse como un referente no turismo sostible e de calidade. A nosa aposta pola innovación e a colaboración público-privada son claves para acadar este obxectivo”.
Engadir que Lugo se adheriu en marzo de 2024 á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (Rede DTI), unha iniciativa promovida polo Goberno de España que conta xa con máis de 300 membros.
Alén disto, o Concello de Lugo está a executar o Plan de Sostibilidade Turística en Destino Et edendo Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía, financiado con 2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation. Este plan contempla un total de 14 actuacións encamiñadas á posta en valor dos recursos e á creación de produtos turísticos arredor da enogastronomía lucense.
Entre as accións máis salientables atópanse: a creación dun centro de enogastronomía na Fábrica da Luz e a aceleradora Turística TurisTalent 5.0, a única aceleradora do ámbito turístico actualmente en Galicia. Este programa, que terá a súa sede no edificio Impulso Verde, está destinado a impulsar proxectos emprendedores e innovadores no sector turístico e enogastronómico lucense. A aceleradora desenvolverase ao longo de nove meses e incluirá formación especializada, asesoramento técnico e apoio na consecución de financiamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?