Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Festival de Series Ría de Vigo acolle a estrea de Lume, que poderase verase na TVG e en HBO Max
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Festival de Series Ría de Vigo acolle a estrea de Lume, que poderase verase na TVG e en HBO Max

S. P.
Publicado: 30/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lume_gsn4bivwsaapqjx.jpgO novo Festival Internacional de Series Ría de Vigo, que se celebra desde este xoves 29 de maio na Estación Marítima da cidade olívica, acolleu esta tarde a estrea en exclusiva da serie galego-portuguesa Lume, que poderá verse a partir do 19 de xuño nas televisións públicas de Galicia e Portugal, así como na plataforma HBO Max.
Á presentación acudiron os protagonistas da serie, Cristina Castaño, Isabel Naveira ou Xúlio Abonjo, e a súa directora, Giselle Llanio, ademais, do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen interveu neste pase especial facendo fincapé no “lugar privilexiado” no que se sitúa actualmente Galicia en canto á realización de series para televisión e plataformas, “con producións lideradas polas empresas do país capaces de establecer alianzas estratéxicas internacionais”. Tamén felicitou ao equipo de Lume (ao que puxo de exemplo paradigmático da colaboración entre as industrias audiovisuais galega e portuguesa), e ao como o novo certame de series Ría de Vigo, cuxo nacemento “semella ser unha consecuencia natural dentro deste panorama tan positivo e con tanto potencial de expansión neste formato”.
lume_3644079875850198227.jpgEste thriller xornalístico coproducido pola TVG e a RTP na parte pública, e co apoio do AGADIC, e de Setemedia (que recibiu unha subvención de máis de 240.000 euro por parte da Xunta de Galicia) e da produtora lusa Coral Vision Europa, na parte privada.
Lume está rodada en galego e portugués e narra a historia de Lucía (Cristina Castaño), unha xornalista galega asentada en Lisboa que regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, inicia unha investigación que revelará unha rede de intereses económicos e políticos vinculados aos incendios, que porán en risco a súa vida. O actor portugués Albano Jerónimo acompaña a Castaño no elenco, xunto a intérpretes galegos como Alfonso Agra, Xúlio Abonjo e Isabel Naveira. A dirección está a cargo de Giselle Llanio e a música é obra da compositora galega Carme Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?