Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno achega financiamento ao CITIC, ao CESGA e ao CiTIUS para os seus novos proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno achega financiamento ao CITIC, ao CESGA e ao CiTIUS para os seus novos proxectos

S. P.
Publicado: 30/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ministerio_axudas_i_d_i.jpgO Goberno, a través do MICIU (Ministerio de Innovación, Ciencia e Universidades), destinará 23 millóns de euros a 123 proxectos españois de I+D+i través das axudas a Proxectos de Colaboración Internacional. Destas 123 iniciativas, 10 son galegas. Na listaxe de centros beneficiados atopamos ao CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), ao CITIC (Centro de Investigación TIC) da UDC e ao CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) da USC.
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU), a través de a Axencia Estatal de Investigación (AEI), publicou a proposta de resolución do procedemento de concesión directa de axudas públicas de 2025 destinadas a proxectos de investigación científica, técnica e innovación que son obxecto de acordos de programas de investigación e innovación bilaterais ou multilaterais e que requiren de financiamento nacional.
A convocatoria destas subvencións forma parte do Programa Estatal de Transferencia e Colaboración, dentro do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (2024-2027).
O obxectivo é “facilitar a colaboración dos distintos axentes executores da I+D+i e promover o desenvolvemento de convocatorias conxuntas con axencias de financiamento nacionais doutros países ou axencias internacionais que estean dirixidas a proxectos de alto impacto en calquera área de coñecemento, favorecendo o liderado dos grupos españois”.
Como dixemos, en Galicia beneficiaranse destas axudas 10 proxectos, que se beneficiarán de diferentes contías. Na listaxe atopamos á Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), que obtén 200.000 euros máis 31.250 € (propostas de financiamento de 2025 e 2026), o CINBIO da UVigo (137.500 € + 96.250 €), a Facultade de Ciencias da UVigo (102.500 € + 72.500 €), a Escola de Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais Forestais (156.250 € máis 113.750 €), o CITIC da UDC (120.000 € + 98.750 €), o CiTIUS da USC (120.000 € + 95.000 €), a Escola Politécnica Superior da USC en Lugo (102.500 € + 72.500 €), a Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC (53.750 € + 40.000 €) e a Misión Biolóxica de Galicia (MBG) do CSIC (125.000 € + 73.750 €).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?