Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A competición informática máis importante de España, a Olimpíada Informática Española, Premio Especial CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A competición informática máis importante de España, a Olimpíada Informática Española, Premio Especial CPEIG

S. P.
Publicado: 02/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cerimonia_clausura_e_entrega_premios_oie_2025.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anunciou que vai conceder o Premio Especial CPEIG á Olimpíada Informática Española (OIE) polo seu compromiso no fomento do talento en novas ferramentas e linguaxes dixitais. O galardón será entregado no marco da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2025, que se celebra o vindeiro 27 de xuño no Hotel Puerta del Camino de Santiago.
Segundo lembra o CPEIG, a Olimpíada Informática Española (OIE) é a competición informática máis importante e antiga de España, cun claro obxectivo pedagóxico e divulgativo: achegar a programación algorítmica a idades temperás. É un concurso individual para alumnado de educación secundaria, bacharelato e grao medio que se celebra anualmente e dá acceso á Olimpíada Informática Internacional. As linguaxes de programación permitidas na fase nacional son C++, Python e Java.
O certame convócase en España desde 1997, sempre baixo o auspicio da Fundación Aula Escola Europea de Barcelona coa finalidade de espertar o interese dunha disciplina completamente descoñecida naquela época para a maioría de centros escolares españois. “Na primeira edición participaron máis de 400 estudantes, que recibiron por carta os enunciados dos problemas e, á súa vez, enviaron os seus códigos nun disquete por correo postal”, explica Jacobo Vilella, membro do comité nacional da OIE e responsable informático da Aula Escola Europea de Barcelona.
oie_a_coruna_2025.jpgO equipo español estivo presente en todas as edicións da Olimpíada Informática Internacional (IOI) desde finais dos anos 90. Desde 2007, a Facultade de Informática de Barcelona (FIB) da Universidad Politécnica de Cataluña (UPC), e desde 2020, a Universidad Complutense de Madrid (UCM) e a Conferencia de Directores y Decanos de Ingeniería Informática (CODDII) colaboran coa Fundación Aula Escola Europea na organización do concurso.
Este crecemento institucional axudou a obter o recoñecemento de Olimpíada Científica do Ministerio de Educación; a incrementar a representatividade de todas as comunidades autónomas a través de olimpíadas rexionais; a rotación anual da sede nacional da OIE por todo o territorio español; a consolidación de formacións semanais en directo, de outubro a maio, en catro niveis, coa participación este ano de máis de 1.000 estudantes; e, en consecuencia, a mellora no medalleiro dos concursos internacionais. Na última edición da olimpíada internacional, celebrada en setembro de 2024 en Alexandría (Exipto), o barcelonés Alejandro Vivero Puga obtivo a primeira medalla de ouro para España.
equipo_que_representara_a_espana_na_ioi_en_bolivia_2025_o_redondelan_david_lago_a_esquerda_.jpgRicardo Batanero, Andrii Basov, o redondelán David Lago e Eulàlia Gaya forman a delegación española que competirá este verán na olimpíada internacional en Bolivia.
A XXIX Olimpíada Informática Española (OIE) celebrouse este ano, do 4 ao 6 de abril, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC-UDC), organizada coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Universidade da Coruña (UDC). O certame contou coa participación de 41 estudantes de todo o país.
O Ministerio de Educación outorgou premios económicos aos dez primeiros clasificados e ás dúas mellores mulleres clasificadas. Resultaron gañadores con medalla de ouro e a representación na Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2025 en Sucre (Bolivia), os primeiros catro clasificados: Ricardo Batanero (Cataluña), Andrii Basov (ucraíno residente en Cataluña), David Lago (Redondela, Galicia) e Eulàlia Gaya (Cataluña).
A XXX edición, a correspondente a 2026, celebrarase na Escola de Enxeñaría Informática da Universidad de Valladolid.
Marco Antonio Gómez, da Universidad Complutense de Madrid, e Joan Alemany Flos, da Aula Escola Europea de Barcelona, recollerán o galardón na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?