Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede SmartPeme+ comeza xuño con seis novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede SmartPeme+ comeza xuño con seis novos obradoiros TIC

S. P.
Publicado: 02/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

smartpeme-6.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta primeira semana de xuño seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requirindo inscrición previa), celebraranse entre este luns 2 e o venres 6 de xuño e afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como son a redacción web orientada á mellora do posicionamento orgánico en buscadores, a escoita activa, a impresión 3D ou o rexistro de marcas, entre outras cuestións relevantes.
Este luns 2 de xuño celebrarase o obradoiro telemático Redacta os textos da túa web ou tenda en liña para posicionarte en Google, a partir das 11:00 horas organizado pola oficina de Ponteareas. A redacción dos textos dos sitios web e tendas en liña é un dos principais elementos para o posicionamento SEO en Google, e na sesión os asistentes descubrirán aspectos importantes á hora de obter uns bos resultados de procura. Será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 3, en formato telemático ás 12:00 horas, realizarase o obradoiro Protexe a túa marca: rexistro e estratexia coordinado pola oficina de Vigo coa colaboración de ISERN Patentes e Marcas. As persoas participantes aprenderán a importancia de protexer unha marca e do seu rexistro como estratexia clave para garantir a identidade e o valor dunha empresa tanto no mercado físico como no dixital. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
O mércores 4, en formato telemático ás 12:30 horas, a Deputación organiza o obradoiro Xestión de incidente e Thread Intel mediante servizo xestionado nun SOC/NOC ENS+ da Rede Nacional de SOC“. A actividade consistirá nunha charla sobre a xestión de incidentes mediante servizos xestionados nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC), onde se fai seguimento, prevención, investigación e resposta ante as ameazas cibernéticas. A actividade está enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Sermicro e a Deputación. As inscricións poden realizarse no formulario achegado pola Deputación.
Tamén o mércores, ás 17:00 horas na oficina de Cambados, celebrarase o obradoiro Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RR SS. O obradoiro abordará esta ferramenta da mercadotecnia dixital que permite facer contido co que crear compromiso coa marca, supervisando as conversas en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor. O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da oficina de Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O xoves 5 realizarase o obradoiro telemático Impresión 3D no 2025, Slicers actuales 1/4, panorama, ás 12:00 horas coordinado pola oficina de Barro. A acción ofrecerá un panorama actual da impresión 3D, o mercado e as laminadoras máis utilizadas (a súa evolución, vantaxes, que permiten facer …). O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor da oficina de Barro con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
Tamén o xoves desenvolverase o obradoiro telemático Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade, ás 17:00 horas coordinado pola oficina de Pontevedra. O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan un sitio web e inflúen no seu posicionamento. Tamén se ofrecerán as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web. Será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia en liña. As inscricións pódense realizar no formulario achegado pola Deputación.
Por último, o venres 6 realizarase o obradoiro Crea a túa tenda en liña con Prestashop I: e-commerce e tenda en liña, ás 9:30 na oficina de Ponteareas. Nel os asistentes aprenderán que é Prestashop, un sistema de xestión de contidos libre e de código aberto pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións. Será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa. As inscricións pódense realizar no formulario achegado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?