Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo reclama a súa inclusión no deseño do Plan Director da Industria das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo reclama a súa inclusión no deseño do Plan Director da Industria das TIC

S. P.
Publicado: 03/06/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

empresa-tic.jpgA Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo), patronal do sector TIC galego, emitu un comunicado no que manifesta a súa “fonda preocupación” polo modo en que se está deseñando o Plan Director da Industria das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en Galicia.
Segundo denuncia a patronal, o proceso de elaboración do Plan “está a desenvolverse sen contar coa participación directa de Ineo, malia ser unha organización que aglutina a máis de medio centenar de empresas TIC galegas, cunha facturación conxunta superior aos 120 millóns de euros e preto de 1.900 empregos directos”, sinala a entidade, lembrando que conta con 19 anos de traxectoria e que é, a día de hoxe, “un actor clave en calquera estratexia que aspire a impulsar a industria tecnolóxica en Galicia”.
A asociación recorda que o Plan Director da Industria TIC, promovido pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, será “o instrumento que marque as liñas estratéxicas de desenvolvemento, financiamento e fortalecemento do sector para os próximos anos”, e por esta razón, engade, “resulta un risco deseñar esta folla de roteiro sen integrar a visión, experiencia e achegas de todas as entidades representativas do sector”.
Tamén lembran que o sector TIC galego é “diverso, dinámico e estratéxico para o desenvolvemento económico de Galicia” e que “un plan elaborado de costas de todos os seus protagonistas carecería de lexitimidade, representatividade e eficacia, non só para o sector TIC, senón, pola súa natureza transversal, cara os demais sectores empresariais de Galicia”.
No comunicado Ineo fai un chamamento á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, así como ás entidades en quen esta delegou as tarefas de elaboración de Plan, para sumar as súas capacidades e as das empresas que representa e “así garantir que este sexa un verdadeiro plan de todo o sector, porque só así será viable e terá éxito”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?