
Nas instalacións do CERSIA Empresa programarase tamén un conxunto de encontros de networking para axudar a definir un novo modelo de emprendemento máis centrado na economía social, o consumo responsable, a sustentabilidade e a innovación tecnolóxica.
Serán dez sesións de noventa minutos dedicadas á economía, as industrias culturais, o turismo e a gastronomía sostible, a educación, o comercio e a industria, a innovación, os modelos circulares, os novos nichos de emprego, ao consumo responsable e a economía colaborativa.
Están xa programados os seguintes encontros temáticos:
5 de xuño – Xornada Nova Economía
2 de xuño – Xornada Niños de Emprego
19 de xuño – Xornada Comercio
26 de xuño – Xornada Innovación
3 de xuño – Xornada Industrias Culturais
10 de xuño – Xornada Turismo e Gastronomía Sustentable
Nestes encontros participarán axentes socioeconómicos do territorio, así como aqueles proxectos emprendedores con liñas de negocio vinculadas a temática de cada xornada. As empresas e entidades interesadas, poden solicitar máis información e inscribirse no correo electrónico sae@santiagodocompostela.gal.
As conclusións destes encontros serán recollidas pola área de Promoción Económica do Concello para mellorar a carta de servizos e actividades de fomento do emprendemento e da mellora empresarial. Estas acción forman parte do Programa Municipal Feito en Santiago.
Santiago activa un novo servizo de atención ao emprendemento e networking local
Compartir Este Artigo

