Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo da Costa da Morte presenta nova web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo da Costa da Morte presenta nova web

S. P.
Publicado: 03/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

costa_da_morte_web_captura.jpgA Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), na compaña de Turismo de Galicia e Turismo da Deputación presentaron este luns 2 de xuño, no Parador da Costa da Morte (Muxía), a nova web oficial do destino: Visitacostadamorte.com.
No acto tamén se deu a coñecer a dixitalización e tradución do emblemático libro de Xan Fernández Carrera, A Costa da Morte, Confín de Europa, así como a publicación da nova Guía de Artesanía na Costa da Morte.
Durante o transcurso do evento púxose o foco no esforzo despregado para acadar unha páxina web (Visitadocostadamorte.com) á altura do destino reflectido, que fose quen de trasladar aos internautas a beleza e a relevancia dos tesouros ambientais, paisaxísticos, patrimoniais, culturais, gastronómicos e económicos da comarca.
turismo_costa_da_morte_web_2.jpgA páxina, presentada baixo o epígrafe Orixe do Ceo, da Terra e do Mar, non só salienta polo seu coidado deseño, ao que contribúen as impresionantes imaxes dos diferentes concellos da Costa do Morte, senón tamén polos seus recursos de utilidade postos ao servizo de visitantes e veciñanza: recursos turísticos, gastronómicos, e de natureza, aos que se suma información sobre o selo Costa da Morte Starlight, actualidade (novas), unha sección de sitios imprescindibles para ver e visitar (Que ver), un apartado-axenda (Que facer) ou unha sección na que se nos axuda a planificar a nosa viaxe, entre outros elementos de utilidade.
Máis de 60 asistentes participaron neste evento, entre eles, representantes institucionais de todos os concellos socios, e tamén do ámbito turístico e cultural. Tamén acudiron o presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muíño; a vicepresidenta da CMAT, María Lema; o presidente de APTCM, Pepe Formoso e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles.
costa_da_morte_web_presentacion.jpgNa cita estivo presente o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que puxo en valor o traballo de da CMAT e da APTCM na promoción turística do destino, “impulsando sempre novas iniciativas que son un gran exemplo de sustentabilidade e innovación”. O vicepresidente tamén salientou a colaboración público-privada, e o “esforzo conxunto” de todas as administracións “concellos, Deputación e Turismo de Galicia”.
Pepe Formoso salientou a relevancia da nova web na promoción do destino como o principal escaparate.
Pola súa banda, Xosé Merelles, destacou “o importante crecemento que está a amosar o sector turístico de Costa da Morte” e recoñeceu a colaboración entre todas as institucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?