Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG recoñece co Premio Iniciativa da Administración á Consellería de Sanidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG recoñece co Premio Iniciativa da Administración á Consellería de Sanidade

S. P.
Publicado: 04/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

profesionais_da_subdireccion_xeral_de_sistemas_e_tecnoloxias_da_informacion_co_certificado_web.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o Premio Iniciativa da Administración da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2025 á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola súa certificación no Esquema Nacional de Seguridade (ENS) no seu nivel “alto”.
O Colexio fai saber que a Consellería de Sanidade é a primeira entidade nacional en obter esta certificación para todos os seus servizos tecnolóxicos en todos os seus centros sanitarios, incluídas as aplicacións eSaúde, SERGAS Móbil e Telea. Este logro, sinalan, “consolida o compromiso do Sistema Público de Saúde de Galicia coa protección da información e a ciberseguridade, fundamentais para ofrecer servizos públicos de calidade e seguros”. Así, o departamento “reforzou a confianza da cidadanía ao garantir a xestión e protección de datos sensibles baixo os máis altos estándares definidos pola normativa vixente en España, como un exemplo de excelencia na posta en marcha de medidas avanzadas de seguridade dixital”, explica o CPEIG, engadindo que “nunha sociedade inmersa nun proceso de transformación dixital, onde os sistemas de información están cada vez máis expostos aos ciberataques e a fallos de subministración eléctrica e cortes masivos nas redes como hai unhas semanas, a Consellería de Sanidade cre preciso garantir un uso seguro e responsable das redes e sistemas de información e comunicacións; reforzar as capacidades de prevención, detección e resposta aos ciberataques e promover e adoptar medidas específicas para contribuír á promoción dun ciberespazo seguro”.
O primeiro paso da Consellería de Sanidade para ofrecer seguridade á xestión dos seus sistemas e tecnoloxías da información foi a norma ISO 9000 en 2006 e, posteriormente, certificándose no norma ISO 27001 de seguridade da información en 2015.
A Consellería transmitiu a súa satisfacción e agradecemento por este galardón, que non só premia o esforzo realizado polo Sistema Público de Saúde de Galicia senón que tamén motiva a seguir mellorando de xeito continuo no eido da ciberseguridade. “O feito de que o premio sexa concedido polo CPEIG é motivo de especial orgullo, xa que esta enxeñería é un piar da nosa sociedade actual e sen ela non serían imaxinábies as infraestruturas e servizos sanitarios dos que desfrutamos hoxe en día. É un pulo para continuar traballando na protección do máis valioso: a nosa saúde, a través da confianza da cidadanía e da integridade dos sistemas de información”, sinalan desde a Consellería, indicando tamén que esta distinción “supón un orgullo engadido” ao premiarse o froito do labor de toda a organización, dos seus profesionais e de toda a cidadanía que fai uso dos servizos tecnolóxicos. Destaca que merecen especial mención aqueles que estiveron no día a día do proceso, é dicir, os profesionais da Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, “protagonistas nos cambios máis importantes que afrontou a sanidade galega no últimos 25 anos”, e que o seguirán sendo no futuro a través das múltiples iniciativas que fomentan, promoven e axudan a levar a cabo, imprescindibles para a adaptarse aos retos dun mundo cada vez máis interconectado.
A secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato Mosquera, recollerá o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?