Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A OPTI realizou máis de 366 reunións e identificou máis de medio cento de proxectos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A OPTI realizou máis de 366 reunións e identificou máis de medio cento de proxectos

S. P.
Publicado: 05/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_coruna_opti-2.jpgA Cámara de Comercio da Coruña fixo balance da actividade da Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial (OPTI) dende a súa constitución, impulsada para catalizar iniciativas empresariais e innovadoras na comarca.
A actividade da OPTI seguiu “unha tendencia de crecemento sostido”, informou a entidade camaral, detallando que desde a súa constitución realizáronse máis de 366 reunións, 51 proxectos identificados, 111 accións facilitadoras, 35 participacións en eventos e 9 proxectos en fase avanzada de instalación e 3 misións estratéxicas.
Ademais, 15 iniciativas empresariais mostraron gran interese en implantarse na área de influencia da OPTI, cun total de 256 empregos estimados derivados dos 9 proxectos que se atopan xa en fase de desenvolvemento. O 65% das iniciativas xestionadas son de orixe internacional, “o que demostra a crecente proxección exterior do ecosistema innovador coruñés”, explicou a Cámara, engadindo que o volume de investimento total estimado supera os 726 millóns de euros, incluíndo dous grandes proxectos de enerxías renovables que supoñen por si sós máis de 718 millóns. Excluíndo estes dous, o investimento directo do resto de iniciativas ascende a 8,8 millóns de euros, distribuídos en sectores como economía circular, saúde dixital, TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), legaltech, e-loxística ou agrotech.
A rede de partners internacionais da OPTI cobre actualmente 38 países con presenza en mercados crave como EE.UU., México, Emiratos Árabes, India, China, Brasil, Singapur ou Turquía.
Como parte da súa estratexia de conexión global, a próxima semana a OPTI acollerá unha nova misión inversa, na que participarán catro empresas do sector TIC procedentes de Latinoamérica e España. Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o coñecemento directo do ecosistema de innovación da Coruña e servirá de ponte entre os investidores e os centros de investigación da Universidade da Coruña, aproveitando as xornadas de portas abertas do programa UDC Conecta.
A OPTI ofrece acompañamento personalizado a empresas interesadas en establecerse na área, para o que realiza unha xestión integral do proceso de investimento para facilitar a súa entrada ao mercado local. Ademais, axúdalles a conectar co ecosistema de innovación, promovendo colaboracións estratéxicas á vez que promove as vantaxes competitivas da Coruña como destino tecnolóxico de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?