Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AI-VIDDA presenta os seus primeiros logros na mellora da calidade de vida das persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AI-VIDDA presenta os seus primeiros logros na mellora da calidade de vida das persoas maiores

S. P.
Publicado: 05/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ai-vida_atlanttic_uvigo_balidea_2.jpgO Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolleu este mércores 4 de xuño a presentación dos primeiros avances do proxecto de innovación AI-VIDDA, que integra a Intelixencia Artificial e a biotecnoloxía e no que están implicados (entre outros) o centro atlanTTic e máis a empresa tecnolóxica Balidea. Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar os anos de vida saudable das persoas mediante distintos enfoques, “combinando a aplicación de tecnoloxías dixitais de vangarda e avances en biotecnoloxía”.
Este ambicioso propósito é froito da colaboración dun consorcio de empresas galegas do sector da saúde, lideradas polo Grupo DomusVi, e do que forman parte tamén Hifas da Terra, ADOC, BIG Formación e InnovaLabs, ademais de Balidea. Tamén forma parte desta alianza o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, que desenvolve un labor destacado no deseño e implementación de modelos avanzados de linguaxe natural. Todas estas entidades achegan a súa experiencia en áreas clave como a atención sociosanitaria, a Intelixencia Artificial, soluciones TIC para a promoción da autonomía persoal, a tecnoloxía aplicada e a biotecnoloxía.
AI-VIDDA conta co respaldo da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), no marco do programa MISIÓNS 2024, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.
ai-vidda_atlanttic_uvigo_balidea.jpgDesde o centro atlanTTic da UVigo, en colaboración con Balidea, trabállase nunha liña de investigación centrada na integración de modelos avanzados de linguaxe en asistentes conversacionais intelixentes no ámbito sociosanitario. Estes asistentes terán capacidade de aprendizaxe e estarán deseñados para interactuar de xeito natural coa persoa usuaria. O obxectivo é “garantir o seu correcto funcionamento, e a aceptación e utilidade real destas tecnoloxías por parte das persoas usuarias, contribuíndo así á mellora da calidade de vida das persoas maiores”.
AI-VIDDA estrutúrase sobre piares como o uso de axentes de Intelixencia Artificial, modelos avanzados de linguaxe, hardware adaptado a persoas maiores, alimentos de uso médico e plataformas dixitais de promoción da autonomía persoal.
As investigadoras Laura Docío Fernández e Carmen García Mateo, do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) de atlanTTic, participan nas tarefas de AI-VIDDA vinculadas ao uso dos paradigmas avanzados da IA, como a análise de datos, as tecnoloxías lingüísticas multilingües ou a IA responsable, así como no desenvolvemento e execución dos traballos necesarios para acadar os obxectivos de investigación do proxecto.
En concreto, participan nos paquetes de traballo que abordan o deseño e integración de grandes modelos de linguaxe sostibles en asistentes conversacionais con capacidade de aprendizaxe e interacción natural. “Está previsto o desenvolvemento dun módulo de IAl xerativa para a transmisión de información de forma conversacional, é dicir, empregando un asistente conversacional multilingüe (galego e castelán) como ferramenta de comunicación”, explican as investigadoras de atlanTTic implicadas.
Este paquete de traballo céntrase en mellorar a eficacia e a sustentabilidade dos grandes modelos de linguaxe (LLM) aplicados a un asistente conversacional no ámbito sociosanitario. As actividades inclúen o afinamento (fine-tuning) e a optimización dos LLM, a investigación para a adaptación continua do modelo, o desenvolvemento dun prototipo funcional e a súa integración en contornas industriais. “Búscase garantir respostas precisas e relevantes, así como a eficiencia e a escalabilidade do asistente intelixente”, sinalan.
O proxecto AI-VIDDA contempla ademais unha fase de probas e validación, na que tamén participa atlanTTic, que abrangue desde a avaliación da eficacia do asistente virtual ata a súa integración con dispositivos intelixentes e a validación dunha plataforma de contidos dixitais orientada ao benestar das persoas maiores. Durante esta etapa, levaranse a cabo os procedementos necesarios para asegurar que o prototipo do asistente virtual intelixente, con capacidade de aprendizaxe e integrado con modelos lingüísticos eficientes e multilingües, cumpra os requisitos técnicos, funcionais e sociais esperados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?