Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do MIT investigarán IA aplicada no CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do MIT investigarán IA aplicada no CITIC

S. P.
Publicado: 05/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

benvida_estudantes_mit.jpg Abrirse ao internacional forma parte da estratexia do CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da UDC (Universidade da Coruña) que contribúe a consolidar á comunidade investigadora galega como un destino académico de excelencia, ao desenvolverse da man do programa MIT International Science and Technology Initiatives (MISTI) Spain. Neste senso, catro estudantes do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT) realizarán estancias de investigación durante este 2025 no CITIC, centro que forma parte da Rede CIGUS da Xunta de Galicia. Engadir que esta iniciativa contribúe a consolidar á comunidade investigadora galega como un destino académico de excelencia. A chegada deste grupo á Coruña marca un fito na capacidade do ecosistema galego para atraer talento internacional altamente cualificado e posiciona ao CITIC como referente na investigación en Intelixencia Artificial, ciberseguridade e tecnoloxías aplicadas á saúde.
Informar que o acto de benvida tivo lugar este mércores 4 de xuño por parte do equipo directivo do CITIC, encabezado polo seu director, Manuel G. Penedo. Esta xornada de benvida incluíu unha presentación institucional e un percorrido guiado polas instalacións do centro.
Os catro estudantes, seleccionados pola súa excelencia académica e experiencia investigadora, integraranse completamente en equipos do CITIC e colaborarán en proxectos punteiros aliñados coas liñas estratéxicas do centro.
Así, Juan Carlos Santiago, estudante de Intelixencia Artificial e Toma de Decisións no MIT, integrarase no grupo LIDIA, titorizado por Eduardo Mosqueira Rey, para colaborar no proxecto NEXT-GEN-SOMNUS, enfocado no desenvolvemento de algoritmos de aprendizaxe automática aplicados á análise de rexistros médicos do soño, no que traballará con Diego Álvarez Estévez, investigador Ramón y Cajal do CITIC. Ten experiencia en machine learning clínico, computación na nube e proxectos de investigación con Blue Origin
Pola súa banda, os outros tres estudantes do MIT incorporaranse ao grupo RNASA-IMEDIR, estarán titorizados por Jose Vázquez Naya e Rubén Pérez Jove e traballarán no proxecto Building AI-Driven Solutions based on LLMs for the Future of Cybersecurity, no que estudarán a aplicación de novos modelos de IA, semellantes aos empregados por ChatGPT ou Gemini, ao eido da ciberseguridade. Máis polo miúdo, estudarán a súa aplicación á monitoraxe e análise do tráfico de rede, co obxectivo de detectar ameazas e ataques, facendo así as nosas redes máis seguras.
Trátase de Ishanvi Kommula, estudante en Enxeñería e Ciencias da Computación e Matemáticas Aplicadas, con experiencia investigadora en privacidade diferencial e modelos de linguaxe (LLMs), enfocados en mellorar a súa usabilidade sen comprometer a seguridade dos datos. Tamén se incorpora a este grupo de investigación, Jaime Sebastian Punyed, estudante de Enxeñería Eléctrica e Ciencias da Computación con dobre titulación en Matemáticas Xerais no MIT, cunha sólida formación en seguridade informática, arquitectura de computadores e computación cuántica. O terceiro estudante do MIT que traballará o proxecto Building AI-Driven Solutions based on LLMs for the Future of Cybersecurity é Jace Lopez, que cursa Ciencias da Computación e Matemáticas e ten experiencia en programación, aprendizaxe automática e procesamento de datos, salientando o seu traballo no Laboratorio do Reactor Nuclear do MIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?