Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 45.000 firmas galegas afrontaron a súa transformación TIC coas axudas do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 45.000 firmas galegas afrontaron a súa transformación TIC coas axudas do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 05/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

red.es_balance_zona_franca_vigo.jpgMáis de 45.000 pemes galegas beneficiáronse ata a data do Kit Dixital, o programa pioneiro de Red.es de bonos para a adquisición de servizos dixitais, que puxo en marcha o Goberno de España con axudas a fondo perdido para apoiar e asesorar na transformación dixital de pemes e persoas autónomas, financiadas con fondos europeos. Na provincia de Pontevedra o programa beneficiou ata o momento a 15.364 pemes, cun investimento estatal de 64 millóns de euros; máis de 5.000 en Vigo con 21 millóns de euros de investimento. Estas cifras foron achegadas este xoves 5 de xuño nun encontro empresarial celebrado na Zona Franca de Vigo.
Baixo o título A dixitalización ao teu alcance, o director de Red.es, Jesús Herrero, informou que a data de hoxe “as pequenas e medianas empresas galegas e profesionais autónomos recibiron 175 millóns de euros con esta panca dixital”.
Tamén lembrou a responsables de empresas instaladas nos parques do Consorcio que as axudas do Kit Dixital poderán seguir solicitándose ata o 30 de xuño en caso das medianas empresas e ata outubro para as microempresas e autónomas. Seguindo este fío, animou ás firmas que aínda non o fixeron “a non deixar pasar a oportunidade de sumarse a un proceso imparable e necesario para afrontar con éxito o presente e o futuro das pemes”.
O programa Kit Dixital, dotado con 3.000 millóns de euros, impactou en empresas instaladas no 92% dos concellos españois.
O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades agradeceu a presenza do director de Red.es e lembrou a “importancia da transformación dixital das empresas para gañar en competitividade, porque os que non entren ficarán fóra da modernización do tecido produtivo”.
Durante o encontro, Jesús Herrero tamén se referiu a outros programas de bonos como o Kit Consulting, xestionado por Red.es e a Cámara de Comercio, con axudas de ata 24.000 € para pemes de entre 10 e 250 empregados. “Este programa tivo unha boa acollida xa que, co prazo de solicitudes pechado no pasado marzo, beneficiáronse máis de 900 pemes de Galicia que recibiron 11 millóns de euros”, sinalou, engadindo que en Vigo “foron 120 empresas as beneficiarias cun investimento de 1,7 millóns de euros”.
O Kit Consulting, igualmente financiado con fondos Next Generation, contou cun enfoque integral e estratéxico de asesoramento para as pemes dando un paso máis en eidos como a IA, as vendas dixitais, as análises de datos, os procesos de negocio ou a ciberseguridade. Solicitárono moitas das empresas que xa viviron unha primeira etapa co Kit Dixital e, de feito, o 80% das pemes beneficiarias de Kit Consulting sono tamén de Kit Dixital.
Tanto o delegado do Estado na Zona Franca como as empresas asistentes ao encontro mostraron o seu interese pola exposición que o responsable de Red.es desenvolveu ao redor da aplicación da IA no proceso de dixitalización das empresas, na mellora do sector sanitario, pero tamén na propia xestión de solicitudes de Kit Consulting. “Por primeira vez, unha plataforma de Intelixencia Artificial que serve de apoio e soporte no proceso de verificación das xustificacións dos servizos de asesoramento dentro da Administración Pública. Grazas ao modelo de IA utilizado reducimos ata un 80% nos tempos de tramitación da xustificación dun expediente. Isto permítenos pasar de revisar un documento en 5 horas a 1,5 horas (90 minutos)”, sinalou o responsable de Red.es.
Ferreiro destacou (en referencia á seguinte fase de dixitalización que supera a concorrencia non competitiva) a liña de IA que achegará 130 millóns de euros a diferentes sectores económicos impactando en 300 proxectos aproximadamente, 50 millóns para o sector saúde e 87 á colaboración con concellos para a promoción de cidades e territorios intelixentes. Ademais avanzou que se van a destinar 40 millóns de euros en aplicación da IA ás pemes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?