Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo amplía o Impulsa TIC con 240.000 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo amplía o Impulsa TIC con 240.000 euros

S. P.
Publicado: 06/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

280723sinatura_convenio_impulsa_tic-d3b04.jpg A xunta de goberno da Deputación de Lugo celebrada hoxe aprobou ampliar o proxecto Impulsa TIC, o programa que lanzou a institución provincial para a transformación dixital e modernización das administracións locais da provincia. Así o explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que “acordamos licitar dúas novas actuacións por algo máis de 240.000 euros para a instalación dunha nova infraestrutura que permita mellorar as capacidades e servizos de 31 concellos”.
Engadiu que “durante a realización das actuacións anteriores nos 52 concellos adheridos ao programa, os nosos técnicos detectaron diferentes deficiencias e necesidades de mellora na infraestrutura TIC local, en canto a capacidade e en canto a seguridade dos sistemas informáticos e servidores que os concellos teñen in situ para albergar as aplicacións e información dos servizos que presta á cidadanía”, relatou a deputada.
Para paliar esta situación, a Deputación de Lugo licita dous proxectos por un importe de 120.879 euros cada unha para os 31 concellos que solicitaron participar nesta nova actuación. O primeiro deles irá destinado á renovación de servidores municipais. “Dotaremos a estes concellos de equipos informáticos novos de última xeración para ampliar as capacidades e recursos tecnolóxicos dos servidores municipais actuais, con medidas de seguridade e dispoñibilidade”, explicou García Porto, quen engadiu que dentro do contrato non só se realizará o subministro, senón que se instalará e configurará en cada concello para que quede completamente operativo.
A Deputación levará a cabo un segundo proxecto para implantar sistemas de protección e de copias de seguridade, que preveña por unha parte de accesos indebidos aos principais servidores e, por outra, que conteña proteccións ante cortes de subministro eléctrico, co fin de “aumentar a seguridade e dispoñibilidade dos servizos municipais”. Ademais implantarase un sistema de copias de seguridade automatizadas que faga un respaldo da información máis sensible e permita aos concellos recuperarse ante perdas de información provocadas por incidentes ou ciberataques.
“Estimamos unha duración de dous meses, rematando en calquera caso antes do 15 de setembro”, informou a deputada, quen lembrou que “este novo investimento súmase ós 4,3 millóns de euros de fondos europeos que foi quen de captar a Deputación de Lugo para a transformación dixital e modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia”.
Os fondos investidos ata o momento permitiron, segundo valorou García Porto, a mellora da eficiencia dos servizos básicos de administración dixital e mellorar a interoperabilidade administrativa; e por outra, conseguir concellos máis resilientes con capacidade de ofrecer servizos electrónicos aos cidadáns, mellorando ademais a transparencia, apertura e accesibilidade municipal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?