Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acolle o evento final dun proxecto europeo que quere integrar a IA no currículo da FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acolle o evento final dun proxecto europeo que quere integrar a IA no currículo da FP

S. P.
Publicado: 06/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_industrial_de_ferrol_ia_fp.jpgO Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu esta mañá o evento final do Proxecto Europeo Erasmus+ AIM@VET Artificial Intelligence learning modules to adapt VET to the digital transformation of the labour market que lidera, en representación da Universidade da Coruña (UDC), o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Abraham Prieto.
Ao longo da xornada, presentáronse os principais resultados dun proxecto de innovación docente que pretende integrar os fundamentos da Intelixencia Artificial (IA) no currículo das escolas ou centros de Formación Profesional de toda Europa. No evento, participaron preto de 120 persoas, principalmente estudantes de 4º da ESO do IES As Telleiras de Narón, do IES de Fene e máis do CPI A Xunqueira.
Amais, sumouse a esta xornada divulgativa persoal docente e investigador vencellado á Universidade de Liubliana (Eslovenia), á Universidade do Miño (Portugal) e á propia Universidade da Coruña (España), así como diverso profesorado do centro de Formación Profesional de Velenje (Eslovenia), do Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol (España) e máis do centro de Formación Profesional de Caldas de Taipas (Portugal).
O programa deste evento final incluíu a conferencia do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), Fran Bellas, unha visita guiada á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e outra ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado tamén no campus ferrolán.
No proxecto participan persoas expertas en Intelixencia Artificial (IA) vinculadas á Universidade de Liubliana en Eslovenia, á Universidade da Coruña en España e á Universidade do Miño en Portugal. Do mesmo xeito, tamén colabora nesta iniciativa de innovación docente o profesorado e alumnado do centro de Formación Profesional de Velenje (Eslovenia), do Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol (España) e máis do centro de Formación Profesional de Caldas de Taipas (Portugal).
A proposta de plan de estudos que se está a deseñar de xeito conxunto entre as tres universidades e os tres centros de Formación Profesional europeos implicados distribúese en tres bloques ben diferenciados nos que se traballaron contidos relacionados coa robótica, a Visión Artificial e coa intelixencia ambiental. A Universidade da Coruña (UDC) e o Centro Integrado de Formación Profesional Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol centraron os seus esforzos no bloque de robótica.
Así, o coordinador do Proxecto Europeo Erasmus+ AIM@VET, Abraham Prieto García, xunto con profesorado do Campus de Ferrol, botou man da aprendizaxe baseada en proxectos e convidou ao persoal docente e ao alumnado do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e máis do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede deste centro formativo ferrolán a participar activamente na planificación, execución e avaliación deste proxecto europeo.
Ao remate do proxecto, previsto para o vindeiro mes de xullo, a Universidade da Coruña (UDC) entregará un currículo que inclúe unha serie guías dixitais dirixidas ao profesorado e ao alumnado de Formación Profesional nas que figurarán unha ducia de unidades didácticas que incluirán fundamentos conceptuais ou propostas de actividades.
O proxecto AIM@VET está financiado pola Unión Europea e conta cun orzamento de 400.000 euros. A Universidade da Coruña (UDC) dispuxo de 93.000 euros para levar a cabo os traballos de coordinación, a elaboración e o testeo das unidades nos centros formativos así como a diseminación dos resultados e actividades no marco da comunidade educativa de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?