Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG entrega o Premio Colaboración Interadministrativa ao programa formativo do CNTG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG entrega o Premio Colaboración Interadministrativa ao programa formativo do CNTG

S. P.
Publicado: 06/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_de_novas_tecnoloxias_de_galicia_cntg_2_.jpgA XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), vaise celebrar o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago e dende o CPEIG seguen a anunciar aos premiados. Desta volta falamos do Premio Colaboración Interadministrativa que vai parar á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego polo seu programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) para profesionais galegos do sector TI, froito da colaboración público-privada.
Indo ao programa formativo do CNTG, dicir que está dirixido tanto aos profesionais galegos como a desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, conta na programación 2024/2025 con 137 cursos e 133 seminarios técnicos, sendo o programa formativo para profesionais TI máis relevante en todo o Estado español. O programa achega preto de 2.700 prazas e case 7.000 horas de formación, con accións formativas de fabricantes e entidades tan relevantes como Microsoft, Amazon, Google, RedHat, Oracle, Cisco, Fortinet, VMware, SANS Institute, ISACA, ISC2, ISMS Forum, Securizame, Linux Professional Institute, PMI, etc.
centro_de_novas_tecnoloxias_de_galicia_cntg_.jpg Engadir que na elaboración da programación, a Dirección xeral contou coa colaboración do sector TI galego para aliñar as necesidades formativas do sector para o 2025 coas accións formativas programadas polo CNTG. A demanda foi tal que se recibiron tres candidatos por cada praza ofertada, así como a valoración do alumnado das accións, superior ao 9 tanto na valoración dos cursos como dos docentes e do propio centro. Asemade, tamén se contou coa colaboración de entidades como o Nodo Galego de Ciberseguridade, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galician (AMTEGA).
Falando da programación deste ano, tratou diversos temas: a ciberseguridade, a Intelixencia Artificial, os servizos na nube, e a ciencia de datos, sen esquecer a xestión avanzada de proxectos e a administración de sistemas.
Engadir que estas accións formativas, que inclúen a certificación oficial do fabricante ou organismo responsable, permiten aos profesionais do sector mellorar as súas competencias, e aos futuros profesionais recualificarse (reSkilling) para acceder ao sector, que conta cun bo número de postos dispoñibles.
Por último, sinalar que serán a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Zeltia Lado Lago; e o director do CNTG, Carlos Vázquez Mariño os encargados de recoller o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?