Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames oferta novos cursos este verán dirixidos á rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames oferta novos cursos este verán dirixidos á rapazada

S. P.
Publicado: 09/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_aula_cemit_veran_rapazada_ames.jpgA Aula CeMIT do Concello de Ames, situada en Bertamiráns, oferta novos cursos para estes dous vindeiros meses de xuño e xullo. Serán catro formacións dirixidas para os menores de idade.
Como vén sendo habitual, estará habilitada a aula para o seu uso libre e consulta de dúbidas: antes do 16 de xuño o horario é de luns a venres, de 9.05 a 12.55 horas, e de luns a xoves pola tarde de 16.35 a 18.55 horas; mentres que desde o 16 de xuño ata o 12 de setembro, o horario é de luns a venres desde as 8.15 ata as 13.50 horas.
Cursos de verán para menores
Ofértanse un total de catro formacións para menores. A primeira delas é Informática lúdica, dirixida para a os nenos e nenas de 6 a 8 anos e que se impartirá os luns de 10:30 a 12:00 horas, desde o 23 de xuño ata o 28 de xullo. Neste curso os pequenos da casa aprenderán a adquirir as nocións básicas para manexar o ordenador e os seus programas a través de xogos e actividades divertidas, para acostumarse ó uso do rato e o teclado, e entender tamén o funcionamento básico da computadora.
Xa no mes de xullo, do 1 ata o día 29, desenvolverase o curso Scratch en verán, dirixido á rapazada de entre 9 e 12 anos, e desenvolverase os martes entre as 10.00 e as 12.00 horas. Scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e axeitada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pé a que afonden na robótica educativa.
Para os adolescentes de 12 a 16 anos ofértase a formación Edición de imaxes, son e vídeo, que se impartirá do 25 de xuño ao 30 de xullo, os mércores, de 10:00 a 12:00 horas. Neste curso multidisciplinar, o alumnado poderá adquirir habilidades e coñecementos básicos nos tres principais ámbitos multimedia empregando aplicacións de balde coma GIMP, Audacity e Openshot. Poderán aprender dende a creación e edición de imaxes ata fotomontaxes, edición de audio ou montaxe de vídeo.
Doutra banda, haberá unha formación de Introdución á mecanografía. Haberá dous grupos deste curso: un será para rapaces de entre 7 e 10 anos; e o segundo para os de entre 10 e 14 anos. Nel empregarase unha plataforma en liña coa que o alumnado poderá continuar a practicar en calquera momento dende a súa casa. O curso terá lugar desde o 26 de xuño ata o 31 de xullo. Para os nenos e nenas de entre 7 e 10 anos, o curso será os xoves, en horario de 10.00 a 11.00 horas; mentres que para os menores de entre 10 e 14 anos impartirase tamén os xoves pero en horario de 11:00 a 12:00 horas.
Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?