Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mercadotecnia nas súas diferentes facianas online centra os novos obradoiros de SmartPeme+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mercadotecnia nas súas diferentes facianas online centra os novos obradoiros de SmartPeme+

S. P.
Publicado: 09/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_smartpeme_20240620_logo_entrada-1-2.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta segunda semana de xuño seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato telemático e presencial (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 9 e o xoves 12 de xuño e afondarán en cuestións tan relevantes como a mercadotecnia polo correo electrónico (email marketing), as redes sociais ou o comercio en liña, entre outras.
Este luns 9 celebrarase o obradoiro telemático Coñece o que o email marketing pode facer polo teu negocio, a partir das 12.00 horas organizado pola oficina de Lalín. Porase o foco nunha ferramenta fundamental para que as empresas conecten cos seus clientes e nesta sesión as persoas participantes aprenderán a sacarlle o máximo partido á súa estratexia. Será impartida por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e imaxe corporativa, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 10, en formato telemático ás 12.00 horas, realizarase o obradoiro Como usar Tik Tok na túa empresa coordinado pola oficina de Vigo. Os participantes coñecerán todos os segredos dunha das redes sociais máis populares do mundo da man de María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas co especialización en mercadotecnia dixital. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
Tamén o martes ás 20.30 horas terá lugar na oficina do Porriño o obradoiro presencial O teu negocio nas redes sociais: máis visibilidade, máis clientes. Esther Garcinuño, licenciada en Administración e Dirección de Empresas, ensinará aos asistentes como destacar nas redes sociais e atraer máis clientes, e as inscricións pódense realizar no formulario en liña específico.
O mércores 11 a Deputación organiza ás 9.30 horas o obradoiro presencial Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa tenda na oficina de Ponteareas, no que os participantes aprenderán a construír desde cero as súas tendas de comercio electrónico. A sesión será impartida por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas con experiencia en mercadotecnia dixital. As inscricións poden realizarse no seguinte formulario.
Tamén o mércores, ás 20.30 horas na oficina de Porriño, terá lugar o obradoiro presencial Fotografía e vídeo para redes sociais. A sesión abordará como dominar a creación de contidos para redes sociais co teléfono móbil da man de Lara Taboada, licenciada en Estudos Artísticos de Deseño Gráfico e especializada en composición fotográfica creativa. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
Por último, o xoves 12 realizarase o obradoiro telemático Organiza e planifica o teu negocio con Notion, ás 12:00 horas organizado pola oficina de Vigo. Nel os participantes aprenderán a usar Notion desde cero para organizar tarefas, clientes e contido básico do seu proxecto. Será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. As inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?