Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC reivindicou en Cullerciencia as conexións entre ciencia, inclusión e tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC reivindicou en Cullerciencia as conexións entre ciencia, inclusión e tecnoloxía

S. P.
Publicado: 09/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cullerciencia8.jpgO pasado sábado 7 de xuño, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) participou na feira Cullerciencia 2025, un evento de divulgación científica celebrado no Paseo Marítimo do Burgo, en Culleredo.
Na súa caseta, o CITIC presentou unha mostra do potencial da tecnoloxía aplicada á inclusión, así como dos avances en bioinformática e Intelixencia Artificial sostible, cuestións que espertaron o interese do público asistente. Durante toda a mañá, numerosos visitantes achegáronse ao espazo expositivo do CITIC para coñecer de preto algúns dos proxectos desenvolvidos en colaboración con estudantes, profesionais do ámbito científico-tecnolóxico e persoas con diversidade funcional. A proposta combinou demostracións interactivas, experiencias inmersivas e produtos de apoio innovadores, evidenciando como a tecnoloxía pode converterse nunha ferramenta poderosa para a inclusión social.
A caseta ofreceu unha experiencia completa e diversa. Carlos Fernández Lozano e Lucía Martínez Rodríguez impartiron o obradoiro Que é a bioinformática?, área na que traballan dentro do proxecto europeo RePo-SUDOE, cuxo obxectivo é desenvolver e difundir tecnoloxías innovadoras para o drug repurposing, promovendo a reutilización de medicamentos existentes para novas aplicacións terapéuticas.
cullerciencia1-recorte-1024x772.jpg Pola súa banda, Eva Soto, María Merelas Ares e Daniel Vila da Cruz, membros do equipo de investigación da Cátedra INDITEX-UDC de IA en Algoritmos Verdes, ofreceron o taller Que é a IA verde?, no que se abordaron avances en IA sostible. Outra actividade foi o obradoiro de circuítos e sensores impartido polas investigadoras Adriana Dapena Janeiro e Paula Castro Castro.
No marco do proxecto TICARE, centrado na formación de profesionais dos Centros de Atención a Persoas con Discapacidade de Galicia e na adaptación tecnolóxica ás necesidades dos seus usuarios, desenvolvéronse dúas propostas moi valoradas polos asistentes. Iago Fernández presentou videoxogos en Realidade Virtual deseñados para o adestramento cognitivo de persoas con discapacidade intelectual, mentres que Jorge Rivadulla mostrou videoxogos adaptados que permiten xogar a Mario Kart utilizando o tronco ou a cabeza como controladores. Ademais, no contexto do proxecto Talentos Inclusivos, realizáronse demostracións de dispositivos que facilitan a expresión artística a persoas con mobilidade reducida.
A participación en Cullerciencia permitiu visibilizar o traballo que o CITIC vén realizando desde hai anos, “demostrando que a ciencia e a tecnoloxía, cando se constrúen desde a colaboración e a empatía, son capaces de transformar vidas e derrubar barreiras”, explicaron dende o centro da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?